Festival POIO POP en Pontevedra

Extraido da edición dixital do Diario de Pontevedra:

El traslado del festival Poio Pop a la ciudad de Pontevedra ha sentado como un jarro de agua fría en el municipio.

Pese a que en un principio se había anunciado que el evento se celebraría el día 26 de este mes en la playa de Lourido, finalmente la organización ha decidido cambiar el festival al recinto ferial de la ciudad capitalina, tal y como anunció Diario de Pontevedra el pasado fin de semana.

Cotton Club, el local pontevedrés promotor de la actividad junto al Grupo Toguigar, explicó que el traslado está motivado por «unha cuestión loxística», añadiendo que «vimos que era inviable montalo tal e como tiñamos pensado na area da praia e decidimos trasladalo todo a Pontevedra. Puxémonos en contacto con Anxos Riveiro (a concelleira de Festas), que nos cedeu o Recinto Feiral, que será onde se celebre finalmente».


O que non entendo logo, é que manteñan o nome de Poio Pop cando ao final o festival tivo lugar onte no recinto feiral de Pontevedra, particularmente son afeccionado á música indie e pop española pero non puiden asistir ao concerto por motivos persoais, o que non entendo é o motivo polo que a organización do evento modificou a súa ubicación, antes de decidir onde se celebra un acto desta magnitude, e antes de imprimi-los carteis, o que cómpre facer é asegurarse de que a elección do sitio é a axeitada, xa non polo feito de ter que re-imprimir os carteis, senón porque moita xente fai plans que logo se poden ver truncados, polo tanto as cousas hai que pensalas antes de facelas, as cousas a correr nunca adoitan a sair ben, tede en conta isto para vindeiros festivais, iso e tamén o feito de que por poñer dez grupos o festival non vai ser mellor, é para flipar que para escoitar a Florent y yo teñan que agardar ás cinco da mañá, así que menos grupos e de calidade, se queredes competir con Pontecaldelas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Campamento de verán en Poio (xullo e agosto 2010)

Publico aqui a seguinte información remitida por unha amiga, que en colaboura có Concello de Poio, organizará un campamento de verán para nenos de 9 a 12 anos para os vindeiros meses de xullo e agosto, o prezo é 30€ por mes, asi que por un euro ao dia, os rapaces farán infinidade de actividades, coido que paga a pena telo en conta, máis que nada porque moitos de nós temos fillos e no verán non temos con quén deixalos:

Os nenos maiores xa teñen o seu propio campamento

Meses de Xullo e Agosto

Actividades para nenos de 9 a 12 anos, no complexo deportivo Miguel A. Pazos (A Seca-Poio)

De luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas

Xogos, deportes, excursións, obradoiros, dias temáticos, visitas e rotas polo noso concello e moito máis...

¡¡ Agardámoste !!

Tan so 30 € cada mes

Más información no teléfono 685 188838 - Concelleria de Deportes (Escola obradoiro de A Reiboa, A Seca (Poio) en horario de 18:00 a 20:00 de luns a venres.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

O dia de Colón

Inda a risco de que logo nos comentarios dalgunhas das novas que escribo, se me tache de ser éste un blogue politizado ou afín ao concello de Poio, un servidor unicamente se limita a poñer aqui as novas que van surxindo ao seu redor, e a festa da que hoxe vos informo e terá lugar este vindeiro fin de semana é unha, asi que serei breve e porei aqui unicamente o cartaz, remitíndovos a outro site onde poderedes atopar información máis detallada.

Extraido de Vidavedra

Aplaudo iniciativas coma ésta, toda dinamización cultural e económica do concello é algo moi importante e digno de eloxio, pero tampouco deben esquecer dende o Concello de Poio as necesidades do dia a dia dos seus conveciños, e no caso que a esta zona de Poio atañe son moitas, comezando polo asfaltado e humanización da rúa Viñas, non se esquezan.

Dito esto, parabéns ao concello de Poio e aos organizadores destes actos, aqúí poderedes ter máis información sobre o tema.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (1)

Hoxe imos de voda (parabéns a Maruxa e Chicho)

Pois iso, que hoxe vou de voda, e ademais de tarde, comezará a iso das sete, desta volta non poderemos desprazarnos ao importante e case definitivo partido do Pontevedra C.F. en Madrid,  na mesa onde estarei sentado seremos unha boa cuadrilla de socios da bancada de norte, polo tanto os transistores e os móbiles con radio andarán a mil por hora, de tódalas maneiras o noivo que tamén é socio, terá avisado ao disc-jockey que nos anuncie pola megafonia calqueira gol, que agardemos sexan dos nosos.

extraido de www.pazodacaeira.es

A cerimonia civil terá lugar no fermoso Casal de Ferreirós , e a posterior papadela será no Pazo A Caeira, así que moi pertiño un lugar doutro e os dous da casa, case que non temos que colle-lo coche para desprazarnos, polo tanto a desfrutar toca, eu remato vacacións e de que maneira, con vodorrio e agardemos que cunha vitória do meu Pontevedra C.F.

Un saúdo a todos/as, en especial para os noivos e bos amigos, Chicho e Maruxa, ¡¡ os meus parabéns parella !!.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (2)

V Encontro de gaiteiros Manuel Villanueva

Aqui vos deixo tamén o cartaz do V Encontro de gaiteiros Manuel Villanueva, que terá lugar no noso concello o fin de semana do 5 e 6 de xuño do 2010, cursos de gaita, charlas, exposicións de pintura, todo terá lugar o sábado e domingo perto da nosa urbanización, no Casal de Ferreirós.

O cartaz tamén foi sacado da web municipal, e por certo, coido que ollei por algures que no vindeiro mes de xuño terá lugar un acto relacionado con Cristóbal Colón no noso concello, cando teña máis información sobre o tema prometo informarvos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Concertos en Poio para o vindeiro mes de xullo

Aquí tedes o cartaz de dous concertos que se han celebrar o vindeiro mes de xullo na explanada da Seca.

Extraido da web municipal, non son do meu agrado ningún dos dous, pero aqui vos deixo a información.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (2)

A policia local de Poio vainos multar con PDA’s

Extraido de a edición dixital de La Voz de Galicia:

[..As previsións do Concello apuntan ao verán. Nesa tempada, os policías locais do persoal municipal de Poio comezarán a multar aos infractores utilizando as PDA, tecnoloxía que xa puxo en marcha, por exemplo, o Concello de Pontevedra. Poio sobe así no tren das novas tecnoloxías para entrar, por fin, no século XXI.

extraido de www.lavozdegalicia.com

De acordo co alcalde, Luciano Sobral, a empresa adxudicataria do programa dispón dun prazo de tres meses para que a aplicación informática entre en funcionamento tras a adxudicación, trámite que en marzo. Utilizando as PDA, os axentes terán capacidade para xestionar as sancións dunha forma máis rápida e efectiva, así como dispor dos datos relacionados cos vehículos que se sancionan. Os axentes locais poderán comprobar in situ se coches implicados en infraccións ou accidentes teñen o seguro mínimo obrigatorio de responsabilidade civil. Tamén existe a capacidade na aplicación de cobrar as infraccións no momento, ao ter incorporados lectores de cartón de crédito.

O sistema, ademais das PDA, inclúe un software e impresoras. A empresa, Veicar, adxudicouse o contrato por uns 39.000 euros. O diñeiro desembolsouse no marco dos proxectos que se porán este ano en marcha baixo subvencións do Plan E. Co uso telemático, e a retirada definitiva do boli e o papel á hora de sancionar, os policías municipais pulsarán unha pantalla táctil cun lapis óptico para tramitar as correspondentes denuncias ou requirir algún tipo de información en tempo real, ademais, a tramitación da sanción levará a cabo no momento que se formule a mesma, sendo innecesario esperar a que acabe a xornada laboral ou que o axente se desprace ata a sede do corpo municipal de seguridade.

Antes da posta en marcha do programa telemático, os axentes recibirán clases teóricas e prácticas sobre as PDA para utilizalas de forma correcta. A empresa adxudicataria será a encargada de impartir as leccións.

Poio súmase así a municipios como o de Pontevedra, que están en plena implantación da aplicación telemática. Na capital provincial a empresa elaboro é a adxudicataria do servizo. Xeralmente, as PDA ten capacidade ata para acceder a lexislación vixente ou normativas locais. A memoria dos aparellos permite ademais comprobar se un infractor está empadroado ou non no municipio...]

E xa postos a ver se controlan un pouco máis o tráfico, os estacionamentos indebidos e os "fitipaldis" que operan polas noites nos arredores da nosa urbanización, facendo o indio cós coches e coa música a todo trapo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (4)

O porqué da inactividade do blogue

Non sei se algún dos que vos pasábades por aqui o seguides a facer, pero dende hai meses que non posteo con asiduidade, vamos, que sendo máis concretos, non escribo un post dende o pasado mes de nadal, e iso ten unha moi sinxela explicación e chámase Sabela.

Para finais deste mes de marzal a miña primeira filla vai cumpli-lo seu primeiro ano de vida, como supoñeredes os que sodes pais, entre o traballo e o seu coidado non teño case que nin un minuto libre en todo o dia, e iso tamén inclúe os fins de semana, posto que hai moito que facer que pola semana non da tempo, asi que as cousas máis vanais e supérfluas son susceptíbeis de ser suprimidas ou apartadas ao longo dun tempo, no meu caso o deporte e mailo blogue, tamén as cañas cós amigos, o tapeo dos sábados e as clases de gaita por exemplo, cousas todas estas que có tempo agardo poder retomar, cando a nena xa vaia sendo un pouco máis independente, chamémoslle asi.

Gustariame ter escrito sobre temas de Poio, pero a verdade non teño tempo case que ningún, os problemas que temos na urbanización seguen a se-los mesmos, principalmente na rúa Viñas, xa postearei algo cando poida, agora estou có tema da noutrora chamada Galescola e agora Galiña azul (o mesmo can con diferente collar), a ver se consigo praza ao carón da casa, sería un puntazo, sobre todo polo aforro de tempo, se dende aqui me lee a concelleira de Cultura de Poio e quere botarme unha man na medida do posible, pois agradecido ficaria...jajaja.

O dito, un saúdo a tódolos lectores e os veciños que por aquí vos pasades, agardo voltar en breve.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

¡¡ O casal de Ferreirós deséxavos un bo nadal a todos !!

A tódolos que visitades este blogue, tanto se unicamente ledes o que se me ocurre postear como se algunha vez tedes participado nalgúns dos fios dando a vosa opinión, tanto se sodes veciños da urbanización, como de Poio ou dos arredores, se chegástedes a este blogue será porque algunha relación tedes con Poio ou se cadra chamouvos a atención este sitio, sendo asi, quero felicitarvos a todos e todas estas festas de nadal que están a piques de comezar para algúns, e para outros como os comerciantes e hostaleiros xa comezaron hai varios dias.

casal de ferreirós nadal

Sen máis, agardo que pasedes estes dias o mellor posible, tanto se vos gustan estas festas coma se desfrutaredes unicamente dos dias libres que vos darán no traballo, tanto ten, a cuestión é descansar e pasalo o mellor posible, dende aqui un saúdo para tódolos que pasades por aqui, vémonos o vindeiro ano, se cadra e non suben demasiado as tarifas eléctricas ou a conexión a internet, porque cós tempos que corren...

Desculpade pola calidade da foto, foi tirada có meu móbil R, daquela inda non saira ao mercado esta oferta cojonuda que teñen dun Samsung táctil e teño unicamente teño un  Nokia 7210, cunha cámara de 2 mpx, en fin, supoño que entenderes que o que de verdade importa é a intención, aproveito de paso para solicitarlle-lo móbil de balde aos de R pola publicidade pola cara que lles estou a facer, non é que o diga eu, pero R-telecomunicacións foi considerado por sexto ano consecutivo como o mellor proveedor de internet de todo o Estado, e iso di moito dunha empresa, e mellor se temos a sorte de que sexa galega.

O casal de Ferreirós deséxavos...

¡¡ Bo nadal a todos e feliz 2010 !!

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (2)

O Grupo Froiz, Gadisa e mailos sindicatos

Calqueira veciño de Poio e tamén de Pontevedra saberá que nas inmediacións da praia de Lourido atópase a sede do Grupo Froiz, para máis señas, o segundo grupo de distribución de alimentos máis importante con capital galego que temos no País. A nova ven ao tanto de que o pasado luns, aqui téde-la nova nos xornais, os sindicatos concentrábanse diante da porta das instalacións desta empresa pontevedresa con sede en Poio, o motivo, a reclamación do convenio colectivo do sector da alimentación da provincia que polo de agora está sin asinar, para mostra esta foto:

extraida da Voz de Galicia edición dixital

Personalmente, atopo que as demandas dos sindicatos están fóra de toda lóxica, non en tódolos aspectos, pero si no tema dos salarios e da suba pretendida, nin máis nin menos que 90 euros mensuais, o que na actual situación económica de crise na que nos atopamos, semella unha petición desorbitada, non é que os empresarios non poidan asumila, que supoño que poderian, pero tamén é obriga do traballador a de botar unha man en momentos coma este, e non tirar tanto do teto do empresario, non vaia se-lo conto que a vaca deixe de dar leite. Falo de memoria, pero coido que neste sector polo de agora non escoitei nada de ningún ERE nin de despidos masivos ou peches de empresas, comer temos todos que comer a diario, e o sector da distribución mal que ben vai tirando, dabondo é que toda esta xente, que os sindicatos denuncian non chegan a ser mileuristas, teñan traballo, outros non teñen esa mesma sorte, e que máis quixeran que traballar tódolos dias por 900 euros, ademais a competencia foránea é cada vez maior.

logotivo grupo froiz

 

Asi que señores da CIG, CCOO, UXT ou FETICO, de dar caña, tamén poden facelo contra patróns coma os das constructoras, que gañaron cartos a mansalva e agora deixan aos seus traballadores na rúa, ou máis caña contra TREVES, por querer pechar para deslocalizarse a Marrocos despois de ter recibido subvencións, deixando a unha chea de mulleres na rúa, facendo subir asi as estatísticas do paro feminino na provincia.

Na loita sindical non todo vale, non busquemos problemas onde non os hai, que ben se pode pasar un par de anos sen esa suba do 1%, a cuestión agora e seguir traballando e saca-lo País adiante, con isto o único que acadarán é que veña Carrefour, Lidl, Mercadona ou Eroski, que tributan fóra de Galiza, con soldos máis baixos e convenios colectivos "a medida" e queden con todo, coa cota de mercado galega e posiblemente coas empresas galegas do sector, que xa aproveito para dicir, están condenadas a entenderse, quén sabe se comezaremos por un Caixanova+CaixaGalicia e remataremos por un Froiz+Gadis.

Un saúdo proletario.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (18)

« Anotacións Anteriores

"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.