¡¡ Benvidos/as ao novo blogue de Poio !!
Ola navegante !!
Supoño que chegarias a este sitio de casualidade, ou ben facendo unha pescuda do tag "Poio" no Google ou por algunha ligazón noutro blogue. Este primeiro post que estás a ler é de proba e de presentación, unha benvida ou se cadra unha declaración de intencións, non pretendo que este blogue sexa un portal de información de Poio, para iso xa tede-lo diario de Pontevedra -porque tampouco hai moita máis información on-line- senón máis ben un lugar onde falar, comentar ou denuncia-las cousas que acontecen no lugar onde resido. Cecais preguntarédesvos o porqué do nome, pois ben, non é nin máis nin menos porque O Casal de Ferreirós é un elemento destacado do patrimonio deste concello e porque está ás portas dunha urbanización de recente creación chamada "Pazo de Ferreirós", lugar onde resido e no que, grazas a tecnoloxía galega de R podo conectarme a internet, cousa ésta que por outra parte inda está vetada para a meirande parte dos veciños do noso concello, pois semella que a tecnoloxía so é cousa duns poucos afortunados polo de agora.
Dito isto, non me resta máis que dárvola benvida a este pequeno recuncho da rede, no que de cando en vez postearemos algunha cousa de Poio pero atendendo preferentemente ao problemas do Pazo de Ferreirós e arredores, vos xa diredes logo se vos interesante ou non. Coido que non fai falla lembrarvos que os vosos comentarios sempre serán ben recibidos.
Un saúdo e benvidos a O casal de Ferreirós, un pequeno recuncho de Poio.


Sísar dixo,
2008-09-02 @ 6.15 pm
Pois a través de Breogain cheguei ao teu blogue. Sempre é unha ledicia atopar na rede a xente comprometida co seu entorno, sexa da ideloloxía que sexa. Moita sorte e unha aperta
tonucha dixo,
2008-09-03 @ 12.35 pm
Ola Sísar
Graciñas por te pasares por aqui e deixar esta mensaxe tamén, dicirche que son un visitante anónimo do teu blogue dende hai un tempo, precisamente coñecinno polo blogue de breogain.
Comecei este proxecto porque basicamente coido que é a única referencia deste tipo que ten Poio en internet, polo de agora non atopei ningún blogue máis sobre Poio nestas semanas que levo buscando, asi que decidinme a facelo, pero primando a información tamén da urbanización do Pazo de Ferreirós, que é onde vivo.
Un saúdo e graciñas pola visita
peirao dixo,
2008-09-04 @ 10.00 am
Noraboa pola túa iniciativa. Son un veciño da zona e polo tanto estou interesado en todo aquilo que sexa interesante para mellorar o entorno no que vivimos. Teremos ocasión de intercambiar e compartir opinións.
saúdos
tonucha dixo,
2008-09-04 @ 12.14 pm
Benvido Peirao
E graciñas polo teu comentario, fixen este blogue principalmente porque non atopei ningún lugar na rede que fale de Poio, ningún foro nin páxina ou blogue persoal que faga un pouco de “comunidade” cós veciños deste concello, polo tanto éste pode ser un bo sitio, tentarei que non sexa somentes de política nin de denuncia, senón para falar de todo un pouco e como xa dixen na benvida, falar tamén da urbanización onde vivo e da que quero ir comentando cousas có fin de mellorar isto, se hai que denunciar ante o concello a falla de limpeza, do valeirado dos colectores do lixo e vidro ou da fonte de auga que temos perto que non ten praca de “potable” pois faise, que para iso serve isto, agardo entón que O Casal de Ferreirós chegue a oidos da xente do Concello de Poio e nos teñan en conta.
O dito, un saúdo e graciñas por te pasares, aqui estamos para axudar.