O estado das praias en Poio
Verán e turistas sempre foron da man, e cando chega o mes de agosto o noso concello de Poio non é alleo a esta voráxine invasionista (sempre falando no bo sentido claro). Este mesmo serán falaba con dous veciños de tempada, destes que so veñen a ocupa-la súa vivenda xusto debaixo do meu piso no verán porque son turistas, e para máis datos de Madrid, comentábanme cunha mestura de tristeza e resignación que no primeiro dia da súa estadia aqui foran dar unha voltiña polas praias de Lourido, Cabeceira e Campelo e que aquilo daba mágoa velo, queixábanse de que tendo unhas praias urbanas que poderian dar tanto "xogo", era unha verdadeira tristeza ollalas cheas de lixo e algas en pleno mes de agosto, como era posible que o Concello de Poio non fixera algo por adecenta-las un pouco, xa non para nós, os turistas (dician eles), senón para todos vós que vivides aqui e que pola semana non vos podedes achegar ás praias da Lanzada ou de O Grove e queredes facer unha escapada ás de aqui mesmo, a cinco minutos da casa.
Eu como veciño de Poio, a verdade é que non souben que dicir, coido que é a Deputación de Pontevedra a encargada coas súas máquinas de limpa-la praia, pero o mesmo concello ben podia enviar unha brigada de limpeza tódalas mañás a facer unha batida do máis gordo, alomenos nos meses de xullo e agosto. Para documenta-lo artigo engado unha foto que foi tirada na praia de Campelo e que pertence á edición dixital de La Voz de Galicia.
Agardo que o Concello de Poio e mailo seu concellal competente Gregorio Agís tomen cartas no asunto.

veciño dixo,
2008-08-13 @ 3.05 pm
Que sorpresa, acabo de atopar o teu blog facendo unha búsqueda en internet do pazo de ferreirós, eu tamén son veciño desta zona, pois nada, estarei ao tanto do que vaias poñendo por aqui, agardo que sexan cousas interesantes, e se podes publica-los actos que teñen lugar no casal de ferreirós coma charlas, exposicións e demais mellor…
un saúdo e felicidades pola web
jjkjlk dixo,
2008-08-21 @ 12.20 pm
detras deste blog esta algun que recientemente saliu elexido presidente dunha organizacion ou consello local dun partido politico de POIO.So criticas as areas que ten o psoe.
tonucha dixo,
2008-08-21 @ 2.51 pm
Ola jjkjlk
Primeiramente graciñas por te pasares por aqui, vexo que comezas atacando forte, na miña defensa teño que dicir que non son presidente de nada, non estou afiliado a ningún partido político, nin de Poio nin tampouco de Pontevedra, somentes son un veciño máis deste concello dende hai uns tres anos e que gosto das redes sociais, por iso fixen este blogue de Poio, porque a verdade non atopei ningún máis e pode ser un bo sitio onde falar dos problemas que afectan a este concello.
No tema das críticas, criticarei a todos aqueles que ao meu modo de entender fáganno mal, non hai que ser tan retorcido para buscar sempre a parte mala, que coincide que as praias son competencia de medio ambente e polo tanto do PSdG de Poio, pois coincidencia, que lle vou facer, outro dia falarei doutra cousa.
O dito, graciñas por deixa-lo teu comentario, un saúdo