Actos en Poio có gallo do Dia da Galiza Mártir
O vindeiro dia 17 de agosto celébrarase un acto político no noso concello, será concretamente no monumento erixido á memoria do insigne galeguista Alexandre Bóveda e consistirá nunha oferenda floral, este monumento como moitos de vós saberedes, está situado na subida á Caeira, ao carón da parada de taxis de A Barca, nese mesmo sitio honraran a súa memória o alcalde de Poio Luciano Sobral e varios cargos do B.N.G. entre os cales estará o seu voceiro nacional e vicepresidente da Xunta Anxo Quintana.
Esta oferenda floral terá lugar ao redor das 13:00 horas e será o primeiro dunha serie de actos que se desenrolarán ao longo do dia e que finalizarán cun derradeiro homenaxe político diante do seu busto na praza de Curros Enriquez de Pontevedra, aqui tede-la cronoloxía dos actos a desenvolver ao longo de todo o dia:
• 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
- No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
-Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
- Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)
• 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO III PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA A TERESA ALVAJAR
- No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.
• 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN MAURO (PONTEVEDRA)
• 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE ALEXANDRE BÓVEDA
- No Cemiterio de San Mauro (Pontevedra)
- Cesáreo Sánchez (Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega)
• 20:30 H. LEMBRANZA POLÍTICA NO MONUMENTO A ALEXANDRE BÓVEDA
- Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
- Bieito Lobeira (Deputado e coordinador do grupo parlamentar do BNG)
- Miguel Anxo Fdez. Lores (Alcalde de Pontevedra)
Dende esta páxina chamámosvos a participar nos actos convocados na memoria deste galeguista asasinado na Caeira polas tropas franquistas no ano 1936, Alexandre Bóveda traballou arreo por Pontevedra e polos galegos e por ese amor á súa pátria foi vilmente asasinado sen sequera ter un xuizo xusto.
