A folga do lixo en Poio

Supoño que xa vos daríades conta, hai un par de dias que os veciños de Poio estamos inmersos nunha folga de recollida do lixo, unha cousa semellante á que tivo a veciña Pontevedra anos atrás e que da que este ano librouse por pouco. O pasado sábado os traballadores de Cespa comezaban unha folga indefinida que polo de agora dura xa catro dias e que acumula nas rúas máis de cen toneladas de lixo, polo de agora somentes se están a cumpri-los servizos mínimos o que quere dicir que unicamente serán valeirados os colectores de lixo dos centros sanitarios, efectivamente na mañá de onte puiden compromar como unha carroceta de Cespa recollia o lixo do centro xeriátrico que está enclavado na nosa urbanización, o Tanatorio Ballesol. Polo de agora coido que non se pode falar de problema de salubridade, pero como esta situación continúe por máis tempo si poderemos chegar a elo, esta mesma noite a morea de bolsas e cartóns que tiñamos nos colectores sitos nos xardins da urbanización Pazo de Ferreirós xa alcanzaban unha certa altura.

Dende aqui abogo polo entendemento entre o alcalde Luciano Sobral e mailo seu equipo de governo e os traballadores de Cespa, supoño que as peticións destes últimos serán as mesmas que foron en Pontevedra no seu dia, principalmente unha suba salarial, agardo polo tanto unha pronta resolución deste conflicto que nos preocupa e nos afecta a tódolos veciños, ademais estamos ás portas da Festa do Mar e os problemas no casco histórico de Combarro poderían ser tamén moi negativos para o turismo.

Editado o 21/08/08: No dia de onte chegouse a un acordo que puxo fin á folga, os traballadores acadaron os seus obxectivos salariais, aqui tede-la nova no Diario de Pontevedra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

5 Comments »

  1. Monteporreiro dixo,

    2008-08-21 @ 11.34 pm

    Hola a todos,
    Creo que los amigos del alcalde de Poio, me refiero a los ciudadanos de raza calé, que se ofrecieron para escoltar al alcalde, unos tres mil, para protegerlo, de las fieras de Monteporreiro, en este nuevo problema con el que se encuentra su amigo, le echaran una mano y saldrán todos con gran ilusión, a recoger las basuras del concello, sin olvidarse de pasar por el Bao, que desde la carretera se ve mucha porquería tirada entre los eucaliptos.

  2. anceio dixo,

    2008-08-22 @ 2.13 am

    Adoro a sutil ironía do teu comentario, Monteporreiro. Mais polo meu incorrexible vicio de ler entre liñas, extraiodo teu comentario unha segunda interpretación: os xitanos non se ofrecerían a escoltar se non houbese unha ameaza real de agresión. A masa anula a liberdade individual.

  3. tonucha dixo,

    2008-08-22 @ 3.22 pm

    Ola Monteporreiro

    O problema ao que se enfrentou o alcalde de Poio foi grave (estou falando a dia de hoxe, que xa rematou a folga) pero supoño que poderia terse evitado, máis que nada ollando para o seu veciño de Pontevedra, sendo como é a mesma concesionaria de recollida do lixo era de supor que as demandas salariais serian as mesmas, asi que por unha parte a folga deberia estar prevista, os traballadores de Poio non son para nada tontos e vendo que os seus compañeiros de Pontevedra acadaron os seus obxectivos (principalmente salariais) o normal é que eles tamén os reclamaran, outra cousa seria bastante estraña.

    E no tema dos xitanos pois non sei, como comentario simpático ten un pase pero coido que está de máis, eu nin entendo nin comparto para nada a forma de actuar desta xente e moito menos do seu cacique o tal Sinaí Jimenez, un prepotente e un mafioso en toda regla pero tamén entendo a postura de Luciano ao querer darlles unha solución ao problema das súas vivendas, o que pasa é que explotoulle nas mans, o que si non entendo é que esta xente ande a presumir de cartos con eses impresionantes coches que teñen e logo digan que non teñen un can para mercar unha vivenda, en fin, cousas da vida…

    Un saúdo aos dous :)

  4. Luis dixo,

    2008-09-04 @ 12.29 am

    Claro que la huelga estaba prevista para que coincidiera con la festa do mar, que es cuando hay que hacerla para que se note bien que se está en huelga. Hacía meses que el concello y la empresa sabían que si no se revisaban los salarios de los trabajadores habría huelga pero tanto el concello como la empresa se lo tomaron a broma y al final los cogió el toro. Decirte que no se pusieron en huelga porque se pusieran los de pontevedra, sino porque eran los que tenían los sueldos mas bajos de toda la provincia y hacía cuatro años que no se revisaba el convenio.Hace dos años los de Pontevedra estuvieron en huelga y los de Poio no asi que no me digas que Poio reclamaba porque Pontevedra reclamaba, y decirte que las demandas salariales para nada eran iguales las de Poio a las de Pontevedra. Por cierto el concello de Poio vulnero el derecho de huelga de los trabajadores ya que el concello no es quién de mandar a ningún trabajador del concello a retirar la basura, ya que los únicos que pueden hacerlo son los trabajadores de la empresa de la recogida de la basura.Por cierto uno de los culpables de que no se resolviera antes el conflicto fue Xulio Barreiro y si no lo crees pregúntaselo a cualquier trabajador de la empresa y verás cuanto lo quieren.

  5. tonucha dixo,

    2008-09-04 @ 10.07 pm

    Luis

    Descoñecia que os traballadores de Cespa en Poio tiveran os soldos máis baixos da provincia, de ser así é normal que loiten polo seu, ao meu parecer o de face-la folga no dia grande das festas non está mal, nin aqui nin en Pontevedra, pero claro, é a forma máis clara e directa que teñen para chama-la atención, ahí deron no cravo, polo tanto toque de atención para o governo municipal e que se poñan as pilas para vindeiros conflictos deste calibre, Poio está a medrar e có tempo haberá máis historias destas, polo tanto que vaian espabilando canto antes e negocien, que non deixen todo para o final.
    Por certo, as pintadas da rotonda da Kia feitas no baixo do edificio de enfronte sobraban, non está ben andar a facer estas historias, coa folga abondaba coido eu.

    Un saúdo e graciñas polo teu comentario :)

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.