A rúa é miña, xa o dicia Don Manuel..
Concesionario Mara-Poio na estrada PO-308.
¿A rúa é de todos ou somentes duns cantos?, ésta sería unha boa pregunta que ben lle poderíamos facer a un empresario adicado á venda de vehículos que ten o seu negocio no noso concello de Poio, estouvos a falar do concesionario Mara-Poio, o que todos coñeceredes por vende-la marca KIA nun establecemento radicado perto do Casal de Ferreirós, na estrada principal que une Pontevedra con Sanxenxo.
Pois ben, fágome eco dun interesante artigo mediante o cal un blogueiro pontevedrés denunciaba o feito de que este empresario leva a súa actividade comercial á rúa, e que os seus vehículos invaden completamente as prazas de aparcamento públicas. Dende A ponte vella incidian no feito de que algúns deles están en moitas ocasións estacionados na mesma estrada e diante da parada do autobús de liña que temos diante do Casal de Ferreirós, coa conseguinte merma de visibilidade para os que baixamos pola rúa Viñas ata a confluencia coa estrada xeral, eu tamén quixera ir máis alá e salienta-lo feito de que este home ocupa numerosas prazas de estacionamento cós seus automóbiles e furgonetas, teño chegado a contar seis ou sete e iso non deberia estar permitido baixo ningún concepto.
Dende aqui súmome á denuncia pública feita por Breogain no seu blogue A ponte vella e solicito tamén do Concello de Poio unha pronta resolución deste tema, que supoño molestará igualmente a moitos veciños que baixan pola rúa Viñas ata a confluencia coa estrada xeral de Sanxenxo.


breogain dixo,
2008-08-30 @ 10.09 am
Pois si, a verdade e que é algo molesto baixar por esa rúa e atopar todos eses vehículos alí estacionados impedindo a visibilidade, ou ben o Concello de Poio ou o Ministerio competente, supoño que será a demarcación de estradas de Pontevedra, terían que tomar “cartas” no asunto e obrigarlle a retira-los vehículos de ahí a ese empresario, non se pode tomar a rúa como se fose dun mesmo e moito menos có grave perxuizo para os demais conductores que supón ter estacionado ahí esas furgonetas.
Un saúdo e graciñas pola mención no teu blogue, xa estás na lista de favoritos do meu.
Luis dixo,
2008-09-03 @ 1.28 pm
Hace tres años que llevo denunciando ante el Concello de Poio los aparcamientos indebidos que se producen a diario desde la rotonda de A Barca hasta Porteliña y lo único que he conseguido es que los señores del BNG se rían de uno. Estas ilegalidades hace tres años que las sabe el anterior concejal responsable de la policía el Sr. Xulio Barreiro y también las sabe el actual responsable el Sr. Piñeiro Murillo y no han hecho nada por remediar dichas infracciones. Todos estos aparcamientos indebidos encima de las aceras fueron denunciados de palabra ante el alcalde el Sr. Sobral y ante los concejales anteriormente nombrados, también he hecho denuncias por escrito en el concello de Poio pasadas por registro y también esta denunciado ante O VALEDOR DO POBO, que ya le tubo que tirar de las orejas al anterior gobierno del BNG por no contestar a ninguno de los requerimientos mandados desde O VALEDOR. La policía pasa diariamente por estas calles y ve a los coches aparcados encima de las aceras pero no se para para obligarlos a salir de la acera ni para multarlos, el único sitio donde la policía no solo multa sino que también se lleva el coche con la grúa es en el aparcamiento del Casal de Ferreirós.
Estos señores del bloque si tuvieran un poco de dignidad tendrían que dimitir.
tonucha dixo,
2008-09-03 @ 4.17 pm
Ola Luis
Estou dacordo contigo en que o tema dos aparcamentos en Poio xa comeza a ser un problema de importancia, o medre espectacular que está a experimentar o concello asi o demostra. Polo que poido ler, ti carga-las tintas contra o concello directamente no tema dos aparcamentos nas beirarrúas e demais, eu principalmente o que denuncio é o feito de que ese empresario (Mara Poio) estaciona os seus vehículos con total impunidade na rúa, pero ademais molestando e impedindo a visibilidade nun sitio moi sensible de poder acarrear accidentes de circulación, pero segundo puiden constatar, ese emprazamento en concreto e toda a rúa (non sei se dende A Barca) son competencias de Fomento, xa que é unha estrada que circula polo casco urbán pero non é municipal, polo tanto o Concello está certamente limitado nisto, o que tiña que facer en tal caso era porse en contacto có Ministerio de Fomento ou a demarcación de estradas correspondente e denuncialo.
Pero tes razón, no aparcamento de diante do Casal de Ferreirós non aparca ninguén sen permiso, ali controlan bastante o tema, levando incluso có guindastre algún coche.
Un saúdo e graciñas pola túa mensaxe, agardo que voltes por aqui e comentes de cando en vez.