Chega a Poio a exposición “Nazón de Breogán”

cartaz da exposición 

Despois de pasar pon Pontevedra alá pola primaveira se mal non me lembro, chega a Poio a exposición in itínere "Nazón de Breogán", organizada pola Xunta de Galiza, esta exposición que poderemos ollar no Casal de Ferreirós mostra a nosa historia ata o ano 1936, centrándose na identidade de Galiza e facendo un repaso de toda a nosa traxectoria dende a época castrexa ata os tempos do Rexurdimento no que destacou como un dos seus principais impulsores Manuel Murguía, o esposo de Rosalía de Castro, fala tamén das importantes figuras de Xelmirez ou de Prisciliano, do que se conta que pode estar soterrado na Catedral de Santiago de Compostela no sartego do Apostol Santiago.

Xa sabedes, se tedes un chisco de tempo ésta é unha boa oportunidade para repasa-la nosa historia e desfrutar dela, segundo puiden ler no cartaz, a exposición terá lugar do 1 ao 14 de Setembro, o seu horario de luns a sábados será de 10:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 horas, como xa vos dixen no Casal de Ferreirós de Poio.  Asi que nesta vindeira quincena facede un oco entre a Feira Franca e o final do verán e pasádevos por ali, nin que dicir ten que a exposición é de balde, non vaia ser que alguén pense que hai que pasar pola billeteira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 Comments »

  1. breogain dixo,

    2008-09-04 @ 1.08 pm

    Ola

    segundo teño entendido, o horario da exposición está mal e foi un erro de impresión dos cartaces, o horario é o mesmo que o que ten o Casal de Ferreirós, acabo de ollala na web municipal

    http://www.concellodepoio.es/#

    e pon que o horario é de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:00 en horario de verán e de luns a sábados (supoño que Setembro inda estará considerado verán) polo tanto rectifícao cando poidas.

    Un saúdo :)

  2. tonucha dixo,

    2008-09-04 @ 1.30 pm

    Vaia !!!

    pois menuda sorpresa, non sabia o horario que tiña o Casal de Ferreirós e so tiña en conta o horario da exposición, non sabia que estaban mal os cartaces (¿vaia chapucilla non?), pois nada, rectificarei en canto poida o post para que todo o mundo saiba do horario, que ademais e polo que estou a ollar na web municipal inclúe tamén os sábados, fenomenal.

    Graciñas polo aviso, un saúdo :)

  3. Nel dixo,

    2008-09-10 @ 3.31 am

    Pódese baixar o catálogo desta exposición en:
    http://vicepresidencia.xunta.es/documentos/nazon.pdf

    Noraboa polo novo blogue.

  4. tonucha dixo,

    2008-09-10 @ 1.37 pm

    Ola Nel

    Graciñas por te pasares polo meu blogue, tamén gracias pola indicación que me fas e sobre a exposición de Nazón de Breogán, agardo verte por aqui de cando en vez.

    Un saúdo e graciñas novamente polo teu comentario :)

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.