A denuncia dos veciños de Poio chega aos xornais
A denuncia que no seu dia fixo un dos visitantes deste blogue comeza a te-la súa repercusión nos medios, máis aló do nulo caso que lle fixeron no Concello de Poio. A Voz de Galicia informa hoxe na súa edición dixital, que os veciños de Andurique lévanse queixando xa uns cantos anos da deixadez municipal en canto ao control dos aparcamentos nas rúas e estradas do municipio, os vehículos aparcan con total impunidade en zonas prohibidas, de escasa visibilidade e inclusive por riba das beirarrúas, o caso do empresario de Poio que ten un negocio na avenida de Andurique e que nestas mesmas páxinas denunciamos no seu dia é boa mostra delo, estaciona ao longo de todo o dia un grande número de vehículos á venda na propia rúa e incluso en lugares nos que supón un grave perigo para a circulación.

Agardemos logo que tras esta repercusión nos medios e o bochorno público que para o Concello de Poio supón este feito, tomen medidas e arranxen este problema canto antes, polo de agora os veciños denunciaron este feito ante o Concello de Poio, Valedor do povo e Xunta de Galicia, sen obter unha solución por parte de ningún, tamén han de saber que contan có apoio de O Casal de Ferreirós para publicita-las súas demandas.

Luis dixo,
2008-09-10 @ 11.53 pm
Estos aparcamientos indebidos no solo pasan delante de Automara, estas infracciones que hace años llevo denunciando ante el concello de Poio y ante O Valedor do Pobo se cometen desde la rotonda de A Barca (a la entrada de Simago, o en el paso de peatones del BBVA ) y a lo largo de la PO-308 hasta Porteliña. Tres años después de estas denuncias el BNG jamás ha hecho nada por solucionar dichas infracciones es algo que han permitido tanto el anterior concejal responsable de la policía local el Sr. Xulio Barreiro como el actual el Sr. Piñeiro. El único sitio de esta zona que la policía de Poio vigila celosamente de que nadie aparque sin permiso es en el aparcamiento de O Casal de Ferreiros, ahí si no tienes permiso no solo te multan sino que te llevan el coche con la grúa. Desgraciadamente así es como funciona este concello donde solo se hace lo que creen conveniente los políticos gobernantes sin tener en cuenta a los vecinos, aunque estos tengan razón.
peirao dixo,
2008-09-11 @ 9.16 am
Luís, non che falta razón pero tes que ter en conta as dificultades que se atopan moitas veces para que os funcionarios cumpran coas obrigas e por outro lado, non estou seguro, penso que a titularidade da PO-308 e da Xunta e calquera actuación nela ten que pasar pola consellaria correspondente. En todo caso esto non serve de desculpa para que o Concello sexa máis celoso nas reclamacións dos veciños, neste caso más que xustificadas.
Luis dixo,
2008-09-11 @ 11.23 am
La titularidad de la PO-308 es de la Xunta pero los que tienen que vigilar que no se aparque ni encima de aceras o de pasos de peatones es de la policía de Poio, que si pasa por esa carretera varias veces al día pero no se para ante estas infracciones, debe ser algo normal para ellos.
Eso si después va la policía de Poio a los colegios a dar clases de seguridad vial, a ver como les explicamos a nuestros hijos que tienen que caminar por la acera y cruzar por pasos de peatones si están ocupados por coches. Las aceras que tenemos ya no son gran cosa y si aún permitimos estas irregularidades ?
tonucha dixo,
2008-09-11 @ 3.46 pm
Efectivamente a titulariedade da PO-308 é da C.O.T.O.P. pero supoño que o Concello de Poio será o encargado de vixiar que iso non sexa unha selva ao seu paso polo municipio, en canto a actuacións sobre a estrada terá que solicitar un permiso especial, refírome a o tema da parada de bus que hai por exemplo diante do Casal de Ferreirós, un cachondeo onde todo o mundo aparca, incluido unha vez máis o “dono e señor” da rúa, o empresario propietario de Mara-Poio, que descarga alí os seus vehículos estacionando un camión-góndola de grandes dimensións destiñado a tal efecto, ali o que tiñan era que pintar de amarelo e non deixar descargar nin estaciona-los vehículos porque restan visibilidade.
No tema da dar exemplo nos colexios descoñezo se os policias locais de Poio se pasan por eles, o que si é que pasean todo o dia có seu vehículo novo do trinque pero non poñen unha soa multa de estacionamento, somentes está para fardar un pouco e darse unha volta combarro-a barca.
UNHA VEZ MÁIS, SE ALGÚN RESPONSABLE DO CONCELLO CHEGA A LEER ESTAS LIÑAS, POR FAVOR QUE ACTUEN DUNHA VEZ E FAGAN ALGO CÓ PROBLEMA DOS ESTACIONAMENTOS EN POIO.
Gracias de antemán..