Reaparecen as Xuventudes Socialistas de Poio
Y cual Ave Fénix resurgen de sus cenizas..
¿Será por mor das eleccións que xa están á vista de todos ou cecais porque de verdade algo está a mudar na realidade de Poio e a mocidade comeza a moverse? Ben sexa por unha ou outra cousa, as desaparecidas Xuventudes Socialistas de Poio voltarán a re-organizarse este vindeiro sábado 13 de Setembro segundo comentou aos medios a voceira do PSOE de Poio e tenente de alcalde Chelo Besada. A política municipal de base neste concello é practicamente inexistente, polo de agora e nos anos que levo aqui vivindo o único que vin foi algún cartaz de Galiza Nova de Poio reclamando algunhas melloras para o municipio, porque coido que de Nuevas Generaciones do Partido Popular non escoitei actividade de ningún tipo en anos e das Xuventudes Socialistas máis do mesmo, agora semella que voltarán con máis forza, polo visto serán ao redor duns dez integrantes o que formarán o colectivo pero ainda non se coñecen nomes.
Agardemos logo que a volta desta organización xuvenil sumada á xa existente de Galiza Nova en Poio, sirvan para darlle algo máis de vida á política municipal, xa se sabe que a mocidade sempre é máis rebelde e inconformista e tamén que está coas novas tecnoloxias, polo tanto tampouco estaria nada mal que ámbalas dúas tiveran na rede un blogue ou unha web para que nos teñan ao tanto das súas actividades, que polo de agora a presenza de Poio en internet é case que inexistente.

Luis dixo,
2008-09-13 @ 9.36 am
Cada vez menos gente cree en los politiquillos, por eso la juventud pasa cada vez más de la política. Antes de las elecciones te prometen de todo y hasta te escuchan y luego una vez que pasaron las elecciones se les olvidan todas las promesas y lo que les entra por un oído les sale por el otro. Hacen lo que les da la gana tengan o no tengan razón sin importarles los vecinos.
tonucha dixo,
2008-09-13 @ 7.27 pm
Non che falta razón, pero cando menos hai que darlle un voto de confianza alomenos á xuventude que (supoño) virá con novas ideas e con ánimos renovados, eu coido que cómpre agardar a que alomenos lle poñan gañas no que van a facer, quén sabe se esta xente que hoxe comeza serán os futuros concellais e alcaldes dentro duns anos.. inda que de promesas xa estamos todos un pouco fartos de máis.
Realidade dixo,
2009-06-25 @ 8.24 pm
Hola,
Xuventudes socialistas e Poio ten dende hai tempo,tuenti e facebook.
Fexeron unha charla sobre o plan bolonga no instituto,algo que lle compete a Luz,caso aparte,e tamén proxectaron as 13 rosas no día da muller,sen contar con que trouxeron a unha actriz que gañou o mestre mateo pola película Pradolongo,rodada çintegramente en galego,e demais cousas están a facer.
e blog teñen de xuventudes socialistas de galicia,porque xuventudes él indepente do partido socialistas,con igual ideoloxía iso si.
o ferreiro dixo,
2009-06-28 @ 12.14 pm
Pois descoñecia a súa existencia, parabéns logo pola vosa actividade e está moi ben o de tuenti e facebook, pero hai moita xente que non emprega as redes sociais, non estaria de máis que tivérades un blogue máis ou menos actualizado onde poder consultar as vosas actividades.
un saúdo “realidade”