¿A fonte do Pazo de Ferreirós é potable?

Está localizada nun dos extremos do xardín principal da urbanización, concretamente na rúa Antelo e Mariño, esta fonte é empregada por moitos dos veciños da nosa urbanización e dos arredores para abastecerse de auga tódolos dias. Eu xa fixera uso dela de neno, cando vivindo en Pontevedra achegábamonos de cando en vez para coller unha garrafa de auga, posto que polos arredores da cidade non habia demasiadas fontes e agora que vivo nas inmediacións pois con máis razón se cadra pásome alomenos unha vez á semana para coller algo de auga. Nunhas destas ocasións nas que estaba por alí, achegouse unha persoa coa intención de facer uso da fonte e ao verme ali preguntoume se aquela auga era potable, eu díxenlle que en principio si, e que levaba moitos anos bebéndoa, é máis, que hai uns meses falando cun vello do lugar que tamén estaba alí, éste dixérame que non habia problema e que podia bebela sen medo, ao cal o home contestoume que porqué non tiña logo un cartel colocado coa lenda de auga potable para que todo o que por alí se achegara non tivera dúbidas e fixera uso dela sen medo..

Pois iso mesmo me pregunto eu, ¿porqué a fonte do Pazo de Ferreirós e algunha máis no concello coma a de Lourido non teñen carteis indicadores da súa potabilidade? dame a impresión que nuncha houbo cartel ningún, porque xa de rapaz non me lembro de ollalo e agora tampouco me ten pinta de que houbera cartel e que o retiraran ou alguén o quitaran sen máis. Dende o Concello de Poio ben podian pasarse por alí a olla-lo estado da fonte en canto á salubridade da súa auga e tamén á limpeza do entorno, que algo de lixo sempre se acumula e non hai ninguén para recollelo, ademais dende hai semanas unha das dúas bocas que botaban auga deixou de facelo.

Pois iso, tomen nota das nosas demandas..

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.