Galiza Nova de Poio tamén está en internet

As vindeiras eleccións cada dia están máis perto e iso nótase tamén na política local, se hai un par de dias asistimos á reaparición das Xuventudes Socialistas en Poio, estes dias tamén a xente de Galiza Nova de Poio están a traballar na mesma dirección, na de facer máis públicas as súas convocatorias e actos de diversa índole, para todo isto que mellor que un espazo de difusión en internet, desde este verán xa dispoñen do enderezo www.galizanova-poio.blogspot.com desde o cal informarán a tódolos simpatizantes e veciños de Poio de todo o seu traballo na política local.

Stand de Galiza Nova na Festa do Mar 08

Semella que os partidos políticos de Poio comezan a abraza-las novas tecnoloxías facendo web's ou blogues onde informar a tódolos veciños das súas actividades, por fin se están a dar conta de que unha páxina web informa se cadra máis e mellor que unha radio ou o propio xornal, desde aqui quero parabenizar iniciativas coma ésta que non fan máis que amplia-lo abano de posibilidades de información para tódolos veciños que estamos interesados.

Por certo, en canto ao Partido Popular de Javier Dominguez non atopei nin web nin blogue algún, o único, un video algo fantasioso colgado en Youtube -para partirse o de Poio WIFI- , asi que se algún de vós sabe do seu sitio en internet que me avise para podelo poñer nas ligazóns de Poio xunto cós outros partidos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.