A galescola de Poio

Onte pasei por diante dela, é unha fermosísima casa de aldea moi ben restaurada e polo que semella tamén moi ben equipada, a galescola de Poio pertence á chamada Rede Galega de Escolas Infantís dependentes da Consellería de Vicepresidencia, si, a de Anxo Quintana, o mesmo que onte xunto có noso alcalde e algunhas personalidades máis a inauguraron de forma oficial o pasado venres, tanto ten que xa levara varios meses rematada, supoño que o importante era que hai uns dias que os cativos comezaron o novo curso e habia que deixar constancia delo. A escola infantil conta cun parque de xogos anexo a ela e espazo para aparcar coches e demais, se inda non fúchedes por alí non sabedes o que vos perdedes, non entrei dentro posto que fun por alí un domingo, pero por fora é unha marabilla de pedra, tella e madeira, remata todo o conxunto un canastro galego tamén moi fermoso. A Galescola de Poio conta cun blogue no que os pais poderán estar informados asi como olla-las fotos dos rapaciños, os seus xogos e actividades das que tanto desfrutan os condenados... 

edificio da galescola de Poio

As galescolas tan criticadas por moitos dende a súa instauración, non deixan de ser unha ferramenta máis para educa-los nosos fillos, máis prazas na oferta de garderias infantís e por suposto un valor de futuro para o noso idioma, que algún queira ver politización, alienación ou adoctrinamento nelas é cousa del, eu personalmente sempre recibirei con agrado unha escola infantil con formato galego, que empregue o noso idioma e que estexa no meu concello, ¿que máis podo pedir?.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

5 Comments »

  1. ronsel dixo,

    2008-09-24 @ 10.31 pm

    parabens polo artigo;

    Estou totalmente, de acordo coa tua postura. O principal e que temos outra garderia en Poio.
    Que falen en galego…..non sei que se lle ve raro en iso, que querían que falaran en frances?. De todolos xeitos, sempre tes a posibilidade como foi toda a vida ata agora, e sen haber outra oportunidade, de levar ó teu fillo a unha garderia onde só lle falen castelan, …., ben, para gustos pintanse cores….. o asunto e ter oportunidades para todos, en todolos idiomas :)

  2. tonucha dixo,

    2008-09-25 @ 2.47 pm

    Ola Ronsel

    por suposto, máis alá das diferentes posturas que poida ter a xente encol do tema de emprega-lo castelán ou o galego, do que debemos gabarnos é de que en Poio teñamos unha nova garderia, non sei se moitos de vós a olláchedes, pero é unha verdadeira marabilla, o entorno non está moi “alá”, rodeada de edificios altos e alá abaixo pero.. o que importa é que ten un parque de xogos, aparcadoiro para deixa-los cativos e polo que puiden constatar, un horario moi, moi flexible, o demais sonche contos políticos, agora que funcione ben, que para iso foi concebida.

    Un saúdo e graciñas pola túa visita, agardo máis comentarios teus sobre temas de Poio cando queiras.

  3. breogain dixo,

    2008-09-25 @ 3.32 pm

    Aqui vos deixo o link a unha nova na que se detallan dato concretos sobre a implantación das galescolas, o importante é que un de cada tres cativos ten unha nova garderia infantil no seu lugar de residencia, que a oferta é de 92 novas garderias nestes tres últimos anos e que o medre da oferta dende o ano 2005 foi dun 64.5%, iso é o que realmente importa, non as cuestións políticas, que si son unha copia das ikastolas (menuda chorrada) ou que formarán “bloqueiriños” (outra tonteria supina) como comentou algún no Diario de Pontevedra on-line hai uns dias.

    http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=78&idNoticia=346384

    Eu penso que tódolos veciños de Poio debemos sentirnos contentos por ter máis oferta de prazas infantís dentrodo noso concello, o demais é enredar e facer demagoxia.

  4. tonucha dixo,

    2008-09-25 @ 4.39 pm

    a páxina da edición dixital do Diario de Pontevedra á que te refires é ésta…

    http://www.galiciae.com/nova/17033.html

    algún afirmou que o de “esportón” e algún máis era retranca galega, para min máis ben burla, falta de respecto e cachondeo, outro tamén lle chamaria auto-noxo, pode ser.

    Un saúdo e graciñas polos vosos comentarios.

  5. tonucha dixo,

    2008-10-07 @ 9.33 pm

    o tema segue a dar moito que falar….

    http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/18038.html

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.