Os problemas de Andurique e do Pazo de Ferreirós

Para a nosa desgraza, na zona de San Salvador non existe ningún tipo de asociación de veciños que defenda os nosos dereitos, somos xa moitos e cada dia máis, e unha boa maneira de encauza-las nosas demandas ante o Concello de Poio seria organizarse dalgunha maneira, inda que polo de agora semella que a xente non se quere mover demasiado, pero non todos claro, un grupo de veciños da nosa zona envioume un correo electrónico hai uns dias, no mesmo comentábanme que en novembro do ano 2005 presentaran por rexistro unha instancia reclamando o arranxo de diversos problemas que sofren na zona, como a inexistencia de bolardos para impedi-lo aparcamento indiscriminado de vehículos, a reposición dalgúns sinais de tráfico arrincados ou o que eu considero máis importante e imprescindible, o pintado de pasos de peóns nas inmediacións da rotonda de Andurique, algo que polo de agora non temos e representa un perigo evidente, tamén me remitiron a seguinte foto que aqui podedes ollar.

Foto de Luis Hermelo

Seto de Urbis en Andurique (Poio)
Nela pódese apreciar perfectamente que o seto que pertence á oficiña de vendas da inmobiliaria Urbis invade a beirarrúa, algo que veñen denunciando dende hai tempo pero que o concello non foi quén de arranxar polo de agora, tampouco de darlles unha explicación aos veciños, que siguen agardando polo arranxe de éste e diversos problemas máis que afectan á zona onde residimos. Xa abonda de este deixar facer por parte dos que nos governan, por favor que se poñan mans á obra e comecen a atar en curto a estes empresarios que semellan se-los donos das nosas rúas, que lembren que a cadeira que ocupan no concello non foi conseguida cós votos da xente da Kia ou de Urbis, senón de nós, os veciños empadroados en Poio e os que para as vindeiras eleccións teremos outra vez o seu futuro nas nosas mans, ¿ata cando teremos que agardar por solucións?.

Políticos de Poio, poñédevos as pilas e comezade a traballar pola xente de Andurique e do Pazo de Ferreirós, somos moitos veciños e tamén moitos votos, que non se vos esqueza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

17 Comments »

  1. Luis dixo,

    2008-09-29 @ 11.49 am

    A ver si la gente se anima y se puede crear una asociación de vecinos ya que esta zona de Poio está bastante abandonada por parte de los políticos, ejemplos: aceras estrechas y en mal estado, aparcamientos encima de las aceras permitidos por el concello, falta de papeleras, falta de una pista polideportiva para la juventud(futbito y baloncesto), una buena canalización de pluviales para evitar inundaciones, dotar la rotonda de Andurique de pasos de peatones como tienen todas las rotondas de la PO-308, prohibir pegar carteles en el mobiliario urbano así como en paredes de edificios, y muchas más cosas.

  2. tonucha dixo,

    2008-09-29 @ 3.35 pm

    Dame a impresión que a xente aqui vai un pouco ao seu e non se quere meter en temas de asociacións e demais, sen ir máis lonxe, non tes máis que ollar para o que pasa con este blogue, en tres meses de publicacións unicamente entran máis ou menos a cotío cinco persoas e tampouco é que participen demasiado, tamén é verdade que a implantación de internet en Poio deixa moito que desexar, pero sendo como é o primeiro (e coido que único) blogue de Poio que se actualiza máis ou menos asiduamente, deberia ter algo maís de vida da que tén, aqui é onde se pode comezar a facer algo de comunidade entre tódolos veciños, alomenos da zona nosa, Andurique, A Barca e o Pazo de Ferreirós e arredores, despois xa se verá có tempo…

    Animo dende aqui a tódolos nosos veciños a participar, cecais có tempo e coa publicidade que vaia collendo poderemos ser máis e pouco a pouco ir facendo algo de comunidade como dixen.

    Un saúdo

  3. ZELTIA dixo,

    2008-10-02 @ 10.57 pm

    Ola Tonucha!

    En primeiro lugar, parabens polo blogue.Son unha veciña de Poio e coincido contigo en que esta zona precisa actuacións urxentes por parte dos políticos que nos governan.

    Saúdos a toda a blogosfera!

  4. tonucha dixo,

    2008-10-03 @ 12.44 pm

    Ola Zeltia

    Graciñas pola túa visita e polo teu comentario, os que somos veciños desta zona (eu concretamente do Pazo de Ferreirós) sabemos das carencias que temos, pensando niso foi polo que fixen hai uns meses este blogue, para denuncia-los problemas que temos (aparte de comentar tamén cousas de Poio claro) e para facer comunidade, somos un concello que pouco a pouco vai a máis, a povoación vaise incrementando e a xente demanda melloras, coido que unha ferramenta coma ésta é algo moi axeitado para publicita-las nosas demandas.

    Asi que agardo os teus comentarios e as túas visitas de agora en diante, un saúdo e graciñas de novo :)

  5. ronsel dixo,

    2008-10-03 @ 11.44 pm

    A modiño…..
    Para nada estou en desacordo, con todalas reivindicacións que facedes, ainda que simplemente digo….. a modiño!!!!!

    Fai dez anos, a finca do casal de ferreiros, era a silveira mais grande de Poio, uns anos antes a rúa Valiña estaba arrancando e só habia uns poucos edificios na zona da Barca. Evidendemente, que hai carencias en multitude de frontes, pero o que non podemos e ter todolos servicios que teñen os veciños da rua michelena, de hoxe para mañan…….

  6. Luis dixo,

    2008-10-04 @ 10.29 am

    De amodiño nada de nada, pago mis impuestos religiosamente y quiero servicios decentes, la rotonda de Andurique debería tener pasos de peatones desde que está hecha como tienen todas las rotondas de la PO-308 desde la rotonda de A Barca hasta la de Encoradoiros, hay que poner papeleras urgentemente, las aceras son tercermundistas y es difícil transitar por ellas, no dejar aparcar encima de las aceras, etc…
    No se los servicios de Michelena ni me importan lo único que me importa son los servicios que no tengo donde vivo yo, y son servicios básicos.
    Cada vez somos más personas las que vivimos en esta zona, o sea más dinero para el concello, pero seguimos igual que hace 20 años.Lo único que hace el concello en esta zona es dar licencias para contruir edificios pero se le olvidan los servicios, las callejuelas que deja el concello son cada vez más estrechas y apenas dejan plazas de aparcamiento, pero luego se le ocurre a este alcalde el crear un aparcamiento subterraneo, no tiene dos dedos de frente.
    Lo primero que debería haber hecho este alcalde es ordenar la zona y dotarla de servicios y luego construir, me gustaría que me dijeras que canalización de pluviales le obligó el concello hacer a urbis, ninguna ,las pluviales de urbis van a parar al regato de fuente baquero inundando las dos casas y el edificio por donde pasa, esa es la contrucción del señor alcalde, edificar sin dotar la zona de servicios.
    Y de amodiño nada de nada la construcción de edificios lleva consigo dotarlos de servicios que bien caros valen las viviendas.

  7. breogain dixo,

    2008-10-04 @ 11.53 am

    eu entendo perfectamente que estades no voso dereito de reclama-los servizos básicos na vosa zona, outra cousa seria impensable, estou dacordo con Luis en que algunhas zonas de Poio son terceiromundistas e non pode seguir asi por máis tempo,¿ o concello ben que ingresa cartos có I.B.I. desas vivendas non? pois que reinvirta toda esas recadación en dotar de equipamento a Andurique, Ferreirós e demais núcleos de povoación de Poio, eu falo concretamente de Ferreirós porque coñezo a xente que vive alí e por exemplo a rúa Viñas está case que impracticable, con baches moi grandes e un pésimo asfaltado, pero supoño que cando rematen o museu que están facendo ao carón do Casal de Ferreirós asfaltarán e adecentarán a zona.

    Tamén estou dacordo con Ronsel en que as cousas hai que facelas a modiño, hoxe mesmo puiden comprobar que parte das reclamacións que aqui se fixeron públicas comezan a solucionarse, como o pintado de liñas amarelas na baixada da rúa viñas e na parada do bus, onde o “espabilado” da KIA aparca indiscriminadamente os seus vehículos, o “rei do mambo” que se debe creer o empresario ese.

    Un saúdo e adiante coas vosas xustas reivindicacións

  8. Luis dixo,

    2008-10-04 @ 5.09 pm

    Las cosas se hacen muy despacio, hace tres años que le estamos pidiendo al concello lo de la parada del bus, lo de los aparcamientos encima de las aceras, el mal estado de las aceras, lo del seto de urbis, etc…
    Si necesitan tres años para pintar unas lineas amarillas pues creo que las otras cosas no llegaremos a verlas.

  9. tonucha dixo,

    2008-10-05 @ 4.00 pm

    Bueno

    Pois semella que o Concello de Poio estase a pór as pilas por fin, se hai unhas semana comezaron a pinta-las liñas amarelas na rúa viñas, para que non aparcaran en determinados sitios, hai un par de dias que pintaron tamén no lugar onde os da KIA aparcan moitas das súas furgonetas (monovolúmenes tamén chamados) e que impedian a visibilidade nese lugar, asi que todo apunta que o concello comeza a facer caso das nosas reinvindicacións por fin, inda hai moito por facer, asfalta-la rúa viñas é algo primordial, xa comeza a haber baches impontantes, tamén o que comenta Luis dos pasos de peóns na rotonda é importante, e algunha cousa máis, pero como ben apunta Ronsel, hai que ir a modiño e a ver se van facendo caso, polas malas nada se consigue, coido que esta ferramenta para facer públicas as nosas demandas é unha boa cousa.

    Un saúdo a todos :)

  10. Luis dixo,

    2008-10-05 @ 8.05 pm

    No podemos transitar por las aceras con tranquilidad por su mal estado o porque aparcan los coches encima de ellas y eso que esta denunciado desde hace tres años, eso no es ir a modiño, es ir a paso de tortuga ¿pueden los autobuses parar en su parada en Ferreirós?, no, siguen parando en la PO-308, poco se ha conseguido, deben reformar la parada para que el autobús pueda entrar y parar en su parada sin molestar a los coches que transitan por la PO-308.¿Porqué tenemos que estar denunciando todos los días en la prensa todos estos atropellos?, no puede el concello ordenar todos estos abusos que sufrimos los vecinos, o es que tienen en el concello intereses en que todo esto continúe así de mal.

  11. tonucha dixo,

    2008-10-05 @ 8.58 pm

    Luis

    segundo me comentou un veciño hai un par de dias, a isleta esa teñen previsto suprimila en breve, para que o autobús poida estacionar e recolle-los viaxeiros na mesma parada, e no na PO-308, polo de agora, e supoño xa que o terás ollado, xa pintaron ali mesmo o cebrado en amarelo para que non se poida aparcar nin estacionar nese punto, é un primeiro paso, supoño que o de arranxa-la parada do bus será o seguinte, démoslle uns dias a ver que pasa.

    Un saúdo a tódolos veciños que pouco a pouco comezan a pasarse por aquí.

  12. ronsel dixo,

    2008-10-07 @ 5.20 pm

    A ver Luis, espero que manteñamos durante moito tempo, uns debates interesantes, ainda que tamen cordiais e saudables, ainda que tamen vexo que a tua postura discrepa sensiblemente da miña.

    Cando digo a modiño, refirome, a que Poio non só e San Salvador, senon que tamen ten outras parroquias, onde cando ti estabas comprando o teu piso, a miña casa estaballe chegando o saneamento, por que na sua vida o tivo, ou outros sevicios basicos, que Poio non se podia permitir ata o de agora. E cuestion de ter un pouquiño de paciencia, xa que en Poio tamen hai outros problemas. Os cales considero, por moita importancia que teña pintar unha liña na estrada, teñen un maior peso.

    Con respeto os recibos do IBI che podo asegurar que os veciños de Pontevedra ou de Sanxenxo teñen unha maior carga fiscal que ti e eu.

    Por certo, e cuestion de saber, a onde te vas a vivir. Si eu me compro un piso en Ribadumia, seguramente que vou a ter menos servizos que na michelena, pero, tamen considero que eso se sabe, non?. Logo non sei de que nos sorprendemos de que nos non teñamos os mesmos servizos que…..na capital. Ainda que considero que nos vindeiros anos se alcanzara todos eses logros.

    Considera, compañeiro Luis, estas apreciacions como cordiais, xa que estou encantadisimo de compartilas contigo e con este foro, xa e boisimo que se debata sobre estes temas, ainda que che animo a que saibas de primeira man o que acontece polo resto de Poio.

  13. tonucha dixo,

    2008-10-07 @ 9.52 pm

    Ronsel

    eu son tamén do teu parecer, levo ao redor de tres anos vivindo na urbanización do Casal de Ferreirós, pode que Luis leve algún tempo máis vivindo na zona, máis que nada porque coido que xa é “vello” nisto das demandas e reclamacións de mellores ao Concello, entendo ámbalas dúas posturas, eu póñome por unha banda na de Luis, quero mellora na dotación de servizos que temos, quero que controlen o tema dos aparcadoiros, máis limpeza na miña zona, que limpen e sinalicen a fonte de auga que temos perto, que asfalten a rúa viñas…etc, pero tamén sei que vivimos un concello pequeno, si pequeno e moi espallado poboacionalmente e xeograficamente e non é doado, o concello medrou en habitantes pero coido que non tanto administrativamente e iso nótase abofé, sobre todo como dicia hoxe o diario de Ponteveda no plantilla da policia e moitas cousas máis, o concello non ten ¿recursos dabondo para atendernos a todos? pode ser, non o sei, pero a nosa obriga é ter algo de paciencia ademais de non decaer no empeño e na reivindicación por outra parte, boa cousa era que se fixera unha asociación de veciños da zona da barca, ferreirós e andurique por exemplo, pero iso có tempo supoño que caerá de maduro, cando a xente se comece a comprometer un pouco máis se cadra.

    Polo de agora timidamente comezan a dar resposta a algunhas das demandas, coido que o feito de que pintaran o cebrado na parada do bus, -seino, é somentes coller un bote e pintar, pero é un comezo- pode ser un indicativo de que ou ben abriron os ollos ou que a publicidade que tanto Luis no diario ou un servidor aqui mesmo facemos, escócelles e van espabilando, polo tanto seguiremos insistindo nas cousas que haxa que arranxar, coido que estamo no bo camiño, cómpre un chisco de paciencia.

    un saúdo e graciñas polo debate.

  14. ronsel dixo,

    2008-10-07 @ 10.34 pm

    A ver tonucha

    as reivindicacións son e deben de ser necesarias, sobre todo para que o politico de turno non se durma nos loureiros. Comparto, a tua oupinion plenamente

    Por outro lado, manteño as miñas felicitacións polo blog, e animote a que o extendas o blog o resto de Poio. Coido que un blog deste tipo e necesario como formula de debate, e de coñecemento de puntos de vista diferentes, dentro do noso concello.

  15. Luis dixo,

    2008-10-07 @ 11.00 pm

    Ronsel te repito que no quiero los servicios de Michelena, solo digo que si todas las rotondas tienen pasos de peatones a su alrededor la de Andurique debe tenerlos también ya que es una zona muy transitada.
    Una zona urbana como es A Barca, Andurique, Ferreirós deben tener papeleras digo yo. Y lo de pintar unas lineas nada tiene que ver con que el saneamiento tenga que llegar a todos los lugares de Poio ya que todos pagamos saneamiento lo tengamos o no, y una cosa no quita la otra ya que el concello podrá hacer varias cosas a la vez. Por cierto yo no he pedido los servicios que tiene la capital, solo pido unos servicios básicos y dignos para la zona en la que vivo.
    Y te repito que cuando se construyen urbanizaciones lo primero es dotarlas de servicios porque se supone que van a vivir en esas urbanizaciones muchas personas, no basta con dejar una zona verde, una de las cosas que tienen que dejar hechas sería dotar estas zonas de plazas de aparcamiento, pero no se construye al borde de la carretera y luego no queda casi sitio ni para la acera.
    También se para donde me vine a vivir, pero por ello no voy a renunciar a los servicios a los que creo que tenemos derecho los vecinos.

  16. tonucha dixo,

    2008-10-08 @ 3.28 pm

    Ronsel

    Graciñas polas felicitacións, que máis quiexera eu que amplia-lo contido deste blogue a tratamento dos problemas (ou virtudes) do resto de Poio, dabondo teño có que hai na miña zona e Luis ben o sabe que leva anos reclamando estas e moitas máis cousas, o problema é que non teño tempo para máis e polo de agora a cousa ficará así, tratando os temas que me tocan máis de perto, sobre todo na zona da Urbanización do Pazo de Ferreirós e Andurique, pero se ti vives noutra parte e queres aportar algún documento (se é acompañado de foto mellor) non dubides en enviarmo ao enderezo electrónico que tes na portada, arriba á dereita.

    Luis

    Acábome de dar conta polo teu comentario anterior de que non temos papeleiras, ¡¡ incrible !!!, agora mesmo non me lembro se nos xardins de ferreirós temos papeleiras, pero coido que tampouco, é máis, nunca ollei un barrendeiro por alí, tamén é certo que traballo mañá e tarde, pero o único que ollei nun par de anos que levo vivindo aqui foron os/as xardineiros.

    Un saúdo

  17. james dixo,

    2009-05-01 @ 1.07 pm

    Me parece bastante mal que pidais que se pinten líneas amarillas en una calle en la que vivimos cientos de vecinos, porque entonces dónde c…. queréis que aparquemos ???? Y por favor, no comparéis una zona residencial con un comercio de coches que se está lucrando.
    Habláis de pintado de “alguna zona” de Viñas. Falso, está pintada TODA la calle y ambas márgenes.
    Eso sí, papeleras NI UNA.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.