Ultimando o primeiro disco de “Vides Novas”
Supoño que os que sexades veciños deste concello xa os coñeceredes de sobra, a Agrupación folclórica Vides Novas de Poio, que adoitan ensaiar un par de dias á semana perto da nosa urbanización do Casal de Ferreirós vai saca-lo seu primeiro traballo ao mercado en breve, segundo tivo coñecemento este blogue, o disco xa está gravado e agora están inmersos no proceso de producción do mesmo, o cal segundo apuntaron pode que sexa presentado publicamente a tódolos veciños do noso concello no Casal de Ferreirós neste mes de Outubro. Segundo a explicación de Mundo, o responsable da agrupación cultural, o disco terá por título POIO, UNHA VILA MARIÑEIRA e será adicado, coma non, a tódolos mariñeiros e mariñeiras do noso concello e a tódolos veciños en xeral, que dia a dia e có seu traballo fan que a nosa vila camiñe cara adiante cun futuro esperanzador.
Polo de agora non teño máis datos sobre o mesmo, cando me informen do dia, hora e lugar dareivos cumprida información sobre todo elo nestas páxinas, polo de agora podedes visita-lo seu blogue se queredes saber algo máis do seu traballo e das súas actividades. Dende aqui queremos agradecerlle-lo feito de estaren ahí e de manter viva a chama do noso folclore, un elemento sobranceiro da nosa cultura, aqui vos deixo tamén un artigo que sobre eles publicou o Diario de Pontevedra.

breogain dixo,
2008-10-04 @ 12.59 pm
Parabéns a Edmundo Nores polo seu traballo incansable a prol da cultura en Poio, Vides novas en Poio e Os Alegres en Pontevedra son todo un referente na música popular.
Un saúdo