O concello comeza a achegarnos solucións…
De maiúscula se poderia defini-la sorpresa que tiven hai uns dias, cando de volta do traballo e pasando por diante do Casal de Ferreirós, puiden olla-la solución aportada polo Concello de Poio a unha das demandas que fixemos os veciños e que foi publicada neste post hai un tempo. Nela denunciabamos o feito de que un empresario da avenida de Andurique, concretamente o propietario do concesionario Mara-Poio (Kia) estacionaba os seus vehículos nunha das beiras da PO-308, xusto onde a rúa Viñas remata na estrada xeral, os seus vehículos provocaban unha evidente situación de perigo e iso foi o que precisamente denunciei no seu dia aquí. Ao fin semella que o Concello de Poio escoitou parte das nosas demandas e procedeu ao pintado dunhas franxas amarelas que impiden o aparcamento e estacionamento nese punto en concreto, agardemos que isto estexa enmarcado dentro dunha remodelación total desa zona, a cal inclúa tamén o asfaltado da rúa Viñas e a supresión do bordillo diante da parada do bus, xa que non ten obxecto ningún, posto que o autobús sempre estaciona na estrada para recolle-los viaxeiros.
Dende aqui queremos darlle-los parabéns ao Concello de Poio, por fin comezan a escoitarnos aos veciños da zona de Andurique , o Pazo de Ferreirós e A Barca, agardemos agora que o resto das demandas que fixemos, como os pasos de peóns na rotonda de Andurique, o seto de Urbis que invade a beirrarúa, ou os problemas de estacionamento indiscriminado por parte dalgunha xente sexan tamén atendidos, pero vamos, que por algo se comeza e iso temos que agradecelo.



Luis dixo,
2008-10-08 @ 10.40 am
Ahora el sr. de Mara Kia utiliza la calle Viñas para aparcar y lo que es mas grave es que aparca un coche al final de la calle impidiendo que los peatones podamos cruzar la acera desde la parada a la acera de enfrente.
Este fenómeno de empresario tiene ocupadas casi todas la plazas de aparcamiento en Andurique delante de su negocio y tambien en la acera de enfrente, y además se permite el lujo de vender coches en la calle, y no hay quien le quite una plaza de aparcamiento ya que de noche cambia los coches nuevos y pone otos viejos y por el día al revés, y así es imposible aparcar, también tiene copada la calle Rosalía de Castro y por supuesto la calle Viñas y la calle Oliveira, con fenómenos como este es imposible aparcar en la zona.
tonucha dixo,
2008-10-08 @ 3.31 pm
Seino, acabo de ollar esta mañá un BMW serie 1 azul ali e dinme conta de que era o que tiña aparcado diante do seu establecemento hai uns dias, o de este individuo non ten nome, non sei que ser poderá facer ao respecto, é algo alucinante.
pepe dixo,
2008-11-29 @ 5.25 pm
Enhoraboa. Esta semá estiveron reparando as luces baixas e as farolas dos xardins, todo un detalle. Espero que pronto reparen os bancos.
o ferreiro dixo,
2008-11-29 @ 9.44 pm
Ola Pepe
Graciñas polo teu comentario e benvido a este blogue, coido que é a primeira ocasión en que participas.
Non sabia do tema do que falas, pero graciñas por comentalo, semella que o Concello de Poio comeza a tomarnos un pouco en serio, a mirar un pouco por esta zona, ata o de agora deberon pensar que como era nova non tiña problemas, deficiencias e carencias, e trabucábase. Do tema dos bancos xa falei no seu dia aqui mesmo e polo de agora segue igual, agardo coma ti que o solucionen.
Pois nada, aqui tedes un lugar onde comentar todo o que queirades da zona onde vivimos, calqueira aportación será ben recibida, se prefires podes emprega-lo correo poio.net@hotmail.com
Un saúdo