O futuro parque empresarial de Fragamoreira

O pasado mes de xullo ollaba esta noticia na Voz de Galicia, nela falaban do tira e afrouxa da Deputación de Pontevedra e a entente Concello de Poio/Xestur, a polémica estaba referida ao tema dos accesos ao futuro polígono que está previsto facer nos terreos de Fragamoreira, que como vos saberedes están situados ao carón do enlace que discorre entre A Seca e a rotonda de Campañó, máis ou menos atoparíase ubicado detrás do almacén do butano senón me trabuco, que tamén pode ser, posto que levo catro anos escasos vivindo en Poio e moitos de vós levaredes toda unha vida aqui.

Os técnicos da Deputación de Pontevedra emitiron un informe desfavorable, posto que a intención do Concello de Poio é a de facer o acceso ao polígono por dúas estradas locais, unha delas bastante estreita e o organismo provincial aboga por facer unha conexión directa coa vía de ¿alta capacidade? (se eles o din) que foi inaugurada hai uns anos. Persoalmente téñolle que da-la razón á Deputación do sr. Louzán (Partido Popular) en detrimento do Concello de Poio e Xestur (B.N.G - PsDG), ¿quén foi o fenómeno a quén se lle ocorreu proxectar os pertinentes accesos a un polígono destas dimensións a traveso dunhas vias locais?, ¿non tiveron en conta que a principal empresa que se vai ubicar alí será o Grupo Froiz, que conta con dúcias de trailers e camións de gran tonelaxe e infinidade de vehículos de reparto que incrementarán o tráfico ostensiblemente?

Por favor, para face-las cousas rápido e a correr non fan falla estudos técnicos nin tremendos proxectos que custan millóns, para face-las ben somentes cómpre ter un pouco de cabeza e de sentido común, e iso é o que agardo fagan as administracións implicadas con este importante proxecto de futuro para Poio. Por certo, hoxe sae publicado no Diario de Pontevedra esta nova na que por fin desbloquéase todo este problema dos accesos ao polígono, agardemos logo que non haxa xa máis problemas no futuro e rematen a obra canto antes, posto que será un importante polo económico que Poio precisa para o desenrolo da economía local.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8 Comments »

  1. eu dixo,

    2008-10-17 @ 7.21 pm

    O GRAN PROBLEMA DO POLIGONO DE FRAGAMOREIRA E QUE A XUNTA NON DA RESOLUCION DO PROXECTO MEDIOAMBIENTAL…QUE GRANDES POLITICOS TEMOS NO CONCELLO….CUNHA XUNTA AMIGA E NON QUITAMOS UN PUÑETERO PROXECTO..NITO,CHELO….INCOMPETENTES.

  2. tonucha dixo,

    2008-10-20 @ 2.42 pm

    Ola Eu

    Pois agora semella que un dos trámites máis importantes está, senón resolto, a piques de estalo, o tema dos accesos, era de chiste a proposta do Concello de Poio, a de face-lo acceso ao Polígono de Fragamoreira por unha via estreita como pretendian, habendo coma hai a circunvalación esa A Seca- Campañó por detrás do tanatorio e do mosteiro, unha via que pode aturar perfectamente (mellor se fora de dous carris por sentido de circulación, que manda carallo non facelo) o tráfico que poden xerar tódalas empresas que alí estarán instaladas, sobre todo o intenso tráfico de trailers e camión que ten o Grupo Froiz, do tema da resolución do impacto medioambiental haberá que agardar logo, de tódalas maneiras a cousa vai moi lenta, non sei como estarán as expropiacións, pero o polígono non estará rematado en menos de dous anos, como moi cedo para o 2011 coido eu.

    No tema da incompetencia de Luciano Sobral e Chelo Besada xa non entro a valorar…

  3. ronsel dixo,

    2008-10-21 @ 12.00 am

    Enterademos un pouquiño antes de escribir!!!!

    Da a sensacion de que, ledes o diario de pontevedra, volo credes, e o espetades no blog,…… ide o concello e votadelle un ollo o proxecto que tiña o concello de poio de acceso o poligono, e poderedes ver como, tanto o concello como a todos os veciños a DEPUTACION nos puteou de mala maneira, simplemente por ser de signo politico diferente.

    E con respecto, as novas expropiacions para o poligono, idello contar ós de campaño xa veredes como vos reciben con biquiños……

    Filliños, primeiro enterarse, e despois falade

    PD: Cando digo enterarse, refirome a algo mais que ler o DIARIO, PODIUM ou outras follas parroquiais similares

  4. tonucha dixo,

    2008-10-21 @ 4.12 pm

    Ronsel

    Primeiramente tranquilidade e mesura, nin son político nin teño parte nisto, asi que que tomarei o teu comentario como un mosqueo sen importancia ningunha.

    Está moi ben que digas que me informe antes e pase polo concello a olla-lo proxecto do futuro polígono, pero o meu principal problema radica en que traballo mañá e tarde e non teño tempo para pasarme por alí, que máis quixera pero saio tarde e os funcionarios non están a esas horas agardando por min, entón para iso o que teño é o Diario de Pontevedra ou a Voz de Galicia, os únicos xornais dixitais que consulto para ter algo de info sobre o que acontece en Poio. Polo que puiden ler tempo atrás, o problema do vial de acceso era por parte do concello de Poio, que queria acceder ao polígono por unha estrada estreita, o organismo provincial en troques ofrecia face-lo acceso pola circunvalación actualmente existente, coido que é asi como está e estaba o tema, non son veciño desa zona e a min non me putearon, polo tanto non teño coñecemento desa actuación por parte da Deputación, se ti sabes do tema infórmannos logo.
    Por outra parte, no tema das expropiacións non sei porque me dis que me dirixa a eles e que me han de receber con “biquiños”, somentes dixen que non sei como está o tema das mesmas e nada máis, non sei a que ven a túa resposta nese ton tan “rebotado”, eu falo do que sei e teño coñecemento, e falo porque para iso fixen este blogue, para falar do que me pete, asi que si ti tes máis información pois fenomenal, para iso estamos, para comenta-los temas sen malos rollos, asi ten por descontado que para escribir aqui ou comentar algo non vou a “doutorarme” antes de cada tema a tratar.

    Veña, un saúdo e todos amigos :)

  5. Luis dixo,

    2008-10-22 @ 9.45 am

    Ronsel vete a hablar tu con la plataforma de afectados del polígono de fragamoreira y se lo explicas ya que una de sus quejas es la falta de información por parte del concello. Por cierto aquí opinamos de las cosas de Poio sin colores políticos. A mi me da igual el PP, el BNG que el PSOE ya que yo no creo en los políticos que solo están para servirse. Y de poco vale que en el concello te den una información si luego hacen lo contrario o lo que les da la gana.

  6. tonucha dixo,

    2008-10-22 @ 12.08 pm

    Home, eu trato de ser imparcial cando fago os meus comentarios, neste caso dándolle a razón á Deputación de Pontevedra (P.P) en detrimento do Concello de Poio(BNG-PSOE), porque segundo puiden entender na nova que publicaron no seu dia na Voz de Galicia (que non se destaca precisamente por ser de esquerdas) a deputación ofrecia un vial partindo do corredor A SECA-CAMPAÑÓ e o concello de Poio unha estrada local estreita, vamos, alomenos é o que puiden entresacar desa noticia, tamén sei leer entreliñas, pero coido que non habia mensaxe “subliminal” ningunha nela.

    Repito, tento ser imparcial cando fago comentarios políticos, inda que ás veces non sexa capaz de agocha-las miñas simpatías por determinada opción política, pero supoño que a terei coma todos vós.

    Un saúdo

  7. ONTE dixo,

    2008-10-22 @ 5.21 pm

    ronxel….igual tes informacion do teu amigo QUINTILLAN pero non intentes disimular a realidad …..o poligono esta parado por falta do plan medio ambiental…xunta amiga BNG PSOE…COMO INTERESA CULPAR OS DEMAIS….igual ca depudora RAXO e culpa de SANXENXO…INCOMPETENTES..ASUMIDE QUE ESTADES NO PODER E NON TENDES NIN IDEA..OS ACESOS ERAN NORMAL QUE NON OS PERMITIRAN PERO XA FORON DENUNCIADOS POR UNHA ASOCIACION DE VECIÑOS DO MUIÑO…E O ALCALDE DIXERA QUE ESO ERA MENTIRA…

  8. o ferreiro dixo,

    2008-10-30 @ 9.29 pm

    novidades no tema do polígono, segundo puiden leer hoxe na Voz de Galicia, haberá asemblea de afectados para o vindeiro 8 de novembro, aqui tede-la nova no xornal dixital:

    http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/19590.html

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.