Nova agresión ao patrimonio municipal

Luis Hermelo, un dos asiduos visitantes deste blogue, achegoume estas dúas fotos hai uns dias, nelas podedes olla-lo incivismo que se estila pola nosa zona, o mobiliario urbán semella molestarlle a algunha xente. As dúas fotografias foron tiradas nun dos laterais dos xardins da nosa urbanización de O pazo de Ferreirós, concretamente nas escaleiras que se atopan detrás da fonte que hai no mesmo centro da praza, baixando estas escalerias hai outra zona da praza que linda có chalet que se atopa perto da rotonda da Avenida Antelo e Mariño, pois nese mesmo sitio tivo lugar o que vos estou a relatar e do que aqui tedes dúas fotografias.

Como podedes ollar na instantánea cedida por este veciño, algún/s bárbaros guindaron o banco a un oco existente naquel sitio, ademais e por se fora pouco, tamén se encargaron de desface-lo valado metálico ao longo de varios metros, dano éste de importantes proporcións e que dende aquela segue tal cual, as fotos non sei exactamente cando foron tiradas, pero supoño que non seria hai moito e que inda continuará sen estar amañado. Dende aqui pouco podemos facer, somentes denunciar este feito e reclamar (unha vez máis) das autoridades competentes en parques e xardins que se pasen por alí e arranxen ese desaguisado, tamén conviria algo máis de vixilancia policial nesta zona, non sei, unha patrulla que se pase de cando en vez e lle bote unha ollada ás pandillas que alí se xuntan, cecais teñan algo que ver có tema.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6 Comments »

  1. Luis dixo,

    2008-10-24 @ 12.14 am

    Decir que esto sucedió por mayo y también quiero decir que ya está arreglado. Lo malo de todo esto es que se tardó casi un mes en reparar todo esto desde que se notificó al concello en una nota pasada por registro. Estas cosas se tienen que tomar más en serio e inmediatamente que se notifica el concello debería haber vallado la zona y repararla inmediatamente ya que constituía un verdadero peligro, sobre todo para los niños pequeños, no hay que esperar a que pase una desgracia para hacer bien las cosas. Esto es lo que pasa en el concello de Poio con el registro, denuncias cosas o pides que se arreglen ciertas cosas y el concello no suele hacer caso y por supuesto jamás contesta a ningún escrito, ni para bien ni para mal.¿Leerán los escritos que se pasan por registro o los archivan directamente?, por los escritos que yo he pasado por registro creo que los archivan sin leerlos.

  2. tonucha dixo,

    2008-10-24 @ 10.00 am

    Ola Luis

    Pois supoño que leerán os escritos que os veciños presenten polo rexistro, senón supoño que non se darian conta do estropicio que fixeron eses vándalos no valado dos xardíns da urbanización, non podemos tampouco pensar sempre na mala intención do Concello de Poio e alomenos o problema xa está arranxado, que tardaron un mes, vale, poderian telo feito antes por suposto que si, pero o importante é que o dano xa está reparado e iso é o que cómpre destacar como positivo.

    Polo demais a ver cando se pasan a repor algunhas bombillas que se atopan fundidas e tamén lle dan un bo repaso e limpeza da herba e o lixo que medra nas beirarrúas e entre as prazas de estacionamento.

    Un saúdo

  3. Luis dixo,

    2008-10-24 @ 10.08 am

    No creo que lo arreglaran por el escrito que mande por registro, sino que empezaron a arreglarlo dos días después de que el PP denunciara el hecho con foto incluida en el Diario de Pontevedra. Eso es lo más grave del asunto que a los vecinos no les hacen ni caso en el concello, pero parece que si la noticia sale en el periódico entonces se dan por enterados.

  4. tonucha dixo,

    2008-10-24 @ 4.03 pm

    Pois logo aconteceu exactamente igual que có tema da parada do bus ao carón do Casal de Ferreirós, despois de poñer aqui fotos arranxaron o tema pero supoño que tamén seria pola túa foto publicada na edición dixital de La Voz de Galicia, onde os veciños denunciaban o aparcamento indiscriminado do propietario da KIA por esa zona… supoño que seria por iso e non polo que publicamos en internet.

    De tódalas maneiras eu persoalmente tamén comuniqueille este feito a Chelo Besada nunha conversa telefónica que tiven con ela hai un par de meses, falando diso e doutros problemas existentes nesta zona.

    Un saúdo

  5. mundo dixo,

    2008-10-26 @ 8.26 pm

    Fai tempo que quero opinar no teu blog ,so para dicirche que o teu traballo e moi bo, pois pouca xente se preocupa do que lle pasa no seu barrio, so decirche que sigas asi, pois con persoas coma ti consiguense ,sobre si o concello lee os escritos, si sempre que chegen a persoa responsable e sempre pasando por rexistro ,do cal sempre queda copia que reclamar ,bueno sigue asi e adiante, oxala houbese mais xente que se preocupara do seu barrio para que tamen colaboraran na limpeza e no mantenemento ¿nos somos limpos ? ¿nos coidamos o noso ? preguntome eu ,reflexionemos un pouco .
    No referente os vándalos que ti comentas ,parece que non teñen pais, pois mais de unha ocasion andaban cos monopatins pola calle e os pais nos ven ! non creo que sexan de moi lonxe ,bueno un saudo e adiante

  6. tonucha dixo,

    2008-10-27 @ 3.10 pm

    graciñas polo seu comentario Mundo, o único que fago é comenta-los temas que me interesan do que acontece ao meu redor, nomeadamente nesta zona de Poio que é onde eu vivo, na Urbanización do Pazo de Ferreirós somos xa uns cantos veciños vivindo é cada ano medra máis, é obriga nosa coidar o que temos aquí e tamén darlle un toque de atención ao concello de Poio cando as cousas non se fan ou fanse mal, que de todo hai.

    Un saúdo para ti e para toda a xente de Vides novas

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.