“Tonucha” pasa a ser “O ferreiro” a partires de hoxe
E algún de vós preguntarédesvos o porqué deste troco de alcume, nick para os máis puristas nisto da internet. Pois ben, nos poucos máis de catro meses de vida deste blogue, xa tiven a oportunidade de comprobar a mala fe e o pouco sentido común dalgunhas persoas, que semellan desfrutar có feito de difamar e proferir ameazas contra un servidor cando algo non lles gusta ou sinxelamente están orfos doutro tipo de argumentos, explícome;

Xa non é a primeira vez que nos comentarios dalgúns artigos da edición dixital do Diario de Pontevedra, algúns dos que alí participan insinuaron que o meu nick correspondia a unha rapaza de Poio (primeiro erro, son un home) que tiña implicacións na política municipal do concello, para máis inri na dirección de Galiza Nova de Poio, dicindo unha e outra vez que os meus comentarios polo tanto non tiñan valor ningún e chegando a proferir ameazas do tipo de [..tonucha, cuidado con tus comentarios, cualquier dia publico tu nombre y apellidos..] (comentario número 7 deste artigo do Diario de Pontevedra) o que persoalmente pareceume algo fóra de lugar e que colmou a miña paciencia, polo tanto, despois de cavilalo ben, decidín non perxudicar máis a esta persoa, que ademais é coñecida e amiga do que vos escribe, e troca-lo alcume polo de O ferreiro -en clara alusión ao nome deste blogue- para asi tentar esquece-lo asunto e comezar de novo.
Agardo te-la comprensión de todos e todas vós, repito unha vez máis como xa expliquei no seu dia nesta presentación, que non son político nin estou metido en política, somentes son un veciño da urbanización do Pazo de Ferreirós e có meu compromiso fago unha laboura social ao denuncia-las deficiencias, problemas e tamén virtudes do lugar onde vivo.

zeltia dixo,
2008-11-01 @ 12.28 am
Ola Ferreiro, non me sorprende para nada o cambio de nick nin tampouco a mala fe da xente… xa sabemos q hai de todo na viña do señor.Tes todo o meu apoio… e parabéns pola labor que estás facendo.
saúdos
o ferreiro dixo,
2008-11-02 @ 8.21 pm
Ola Zeltia…
Era o menos que podia facer, hai moito “pitoniso” que anda polos foros a ver se adeviña quén é quén, despois de varios episodios desagradables nos que me acusaban de ser certa persoa de Poio que anda metida en política decidín face-lo troco de “nick”, máis que nada por respecto a esta persoa que non ten nada que ver nestas desputas e que, inda que a súa opción política non sexa aceptada por esta xente que tanto a criticaba, si merece un respecto coma persoa e os seus comentarios son tan válidos (ou máis) que os de certa xente que somentes sabe insultar e desprestixiar aos demais, sen máis argumentos que o menoscabo persoal de aquel que non comulga có seu pensamento.
Un saúdo e agardo ollarte máis por aqui, tamén os teus comentarios e aportacións por suposto.