Ampliación do parque infantil do Pazo de Ferreirós
Segundo puiden ollar nesta nova que atopei hai un par de dias pero que foi publicada hai máis dun mes, a empresa HTC será a encargada da ampliación do parque infantil da nosa urbanización do Pazo de Ferreirós.

Segundo un acordo polo cal o Concello de Poio achegará perto de oito millóns das antigas pesetas, a tenente de alcalde Chelo Besada anunciou que o parque será ampliado en breve, para que asi os cativos da nosa urbanización poidan desfrutar dun espazo de xogo e desfrute do doble de extensión que o actual. Se vos fixades na data de publicación, hai un mes que foi decidido e inda non ollei nada de movemento por alí, agardemos pois que comecen canto antes para que asi os rapaces poidan desfrutar do parque ampliado e mellorado nas vindeiras vacacións de nadal. Polo que a min respecta, so me resta darlle-los parabéns ao concello, a povoación da urbanización medra dia a dia e cada vez son máis rapaces os que xogan naquel parque que xa estaba a ficar pequeno de máis.
Agora agardemos que tamén teñan conta do resto do entorno, bombillas fundidas, bancos sen atornillar ao chán, papeleiras insuficientes...

ELENITA dixo,
2008-11-25 @ 1.24 am
Hola a todolos amigos do blog, so puntualizar que creo que a empresa adxudicataria da ampliación do noso parque é HPC, espero que retiren a area e poñan novos xogos. http://www.hpc.es/intro.swf) Onte estiven no parque que fixo o concello en Boavista (Caeira), e a verdade é que quedou espectacular.
o ferreiro dixo,
2008-11-26 @ 10.22 am
Ola Elenita:
Coido que é a primeira vez que escrebes no meu blogue, polo tanto saúdos e benvida a este pequeno recuncho da rede en Poio.
Graciñas por informarnos da web de HTC, cando escribin o post estiven pescudando na rede na procura da súa web pero sen resultado, graciñas polo tanto por achegarnos a súa url, polo demais comentarche que este pasado luns comezaron as obras no noso parque e están a traballar a bo ritmo polo que puiden ollar, a extension do actual parque pasará a se-lo dobre polo que semella, asi que tódolos veciños debemos de estar de noraboa, é moita a povoación infantil que temos aqui e agora terán máis espazo para xogar.
Un saúdo e pásate por aqui cando queiras, e se tes novas interesantes que aportar podes facelo nun post ou en poio.net@hotmail.com
Un saúdo