O seto “invasor” de Urbis xa é historia

Quén sabe, cecais o feito de dispor dun blogue no que denunciar e demandar melloras para a zona de Ferreirós e arredores poida servir para algo, tamén pode ser que estas denuncias cheguen a oidos/ollos do noso concello e por ahí poidamos acadar unha pronta resolución dos nosos problemas, de ser asi entón o noso traballo pagaría a pena certamente.

O feito é que, a finais do pasado mes de novembro, publicaba este artigo no que denunciaba entre outras cousas, o problema que tiñamos os peatóns cun seto propiedade de Urbis, o seto en cuestión invadia a beirarrúa e dificultaba o paso dende hai perto dun ano, a foto fora proporcionada por Luis Hermelo, un veciño da zona que tamén lle notificara isto mesmo ao concello sen resposta nin pola súa parte nin pola da inmobiliaria. Pois ben, hai cousa duns dias que este problema foi por fin resolto, non sei se foi o Concello de Poio ou Urbis os recortaron o susodicho seto (tampouco era unha obra de enxeñeria o que habia que facer) pero si que agora podemos circular con total liberdade por ese treito da beirarrúa, e senón comparade as fotos de hoxe e de hai un ano.

Asi que sexa quén fora o que por fin resolveu este problema, moitas gracias.

2 Comments »

  1. Luis dixo,

    novembro 6, 2008 @ 9:40

    Decir que la primera denuncia de que dicho seto invadía la acera la puse el 8 de Noviembre del 2005 pasada por registro como todas, hace TRES AÑOS y jamás recibí contestación alguna por parte del concello acerca de la misma. Cuando cambió el gobierno del concello de Poio puse la última reclamación ya que la concejalía de obras y servicios cambió del BNG al PSOE para ver si hacían más caso, y parece que si, contestaron que iban a retirar dicho seto, aunque la verdad tardaron lo suyo. Decir que el seto lo retiró el concello y no urbis.
    Con todo esto quiero decir que de todas las reclamaciones que paso por registro en el concello de Poio que son unas cuantas el BNG jamás contesto ni a la primera ni cuando gobernaba en mayoría ni ahora que gobierna en coalición, por eso sigo diciendo que las reclamaciones pasadas por registro en Poio que le tocan al BNG van a la basura.

  2. o ferreiro dixo,

    novembro 6, 2008 @ 15:23

    Pois a verdade, agardar tres anos para ollar resolto este problema efectivamente é demasiado tempo, ti falas con coñecemento de causa, no meu caso nunca fixen ningunha reclamación ao concello e descoñezo o trato que lle dan , pero polo que comentas ti Luis demasiado caso non che fan ou non lle fan en xeral aos escritos presentados polo rexistro.
    O importante é que o problema xa está resolto, tardara máis ou menos, agora que teñan en conta outras moitas reclamacións que se teñen presentadas e das que aqui fixemos mención (non todas máis si unhas cantas)

    Agardemos polo tanto que o concello esperte da súa “longa noite de pedra” coa zona onde residimos.

    Un saúdo

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan pronto como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.