A recollida selectiva non funciona na nosa zona..

Supoño que non seremo-los únicos en todo o concello aos que lles acontece isto, tamén os nosos veciños de Pontevedra teñen aturado colectores de cartón cheos ata os topes ao longo de dias, incluso de semanas, ao final todo remata ciscado polo chan senón queimado como ten ocorrido en máis dunha ocasión. É precisamente diso do que vos queria falar, de que un dos dous únicos colectores de cartón e papel que temos para toda a nosa urbanización leva cheo xa uns cantos dias, e de que as bolsas con caixas de pizzas, packs de cervexas e demais comezan a agromar polo chan ao seu redor, có conseguinte perigo para a circulación e tamén para o noso orgullo coma veciños, porque ollar todo iso amoreado no chan non deixa de ser un espectáculo triste e lamentable, senón ollade a foto que saquei no dia de onte (10-11-08).

Supoño que o tema da recollida selectiva será cousa da xente de Cespa, os cales dependen coma non do concello de Poio, pois unha vez máis dámoslle un toque de atención ao señor Agís para que preste atención a estes "pequenos detalles", a limpeza do noso entorno é algo máis que importante, diria que básico, alomenos para nós os veciños e veciñas desta zona, que coma todo o mundo abonamos relixiosamente o recibo trimestral e temos dereito a queixarnos senón obtemos un servizo acorde có prezo que pagamos.

Dende aqui tamén aproveito para comentarlle a tódolos meus veciños que, os brick's de leite non van no colector do cartón e papel, senón no amarelo, para envases de metal, plástico e tipo brick (que conteñen aluminio) e que por favor non sexan tan cómodos e baixen o lixo os domingos pola mañá ou mesmo no coche, baixando por dirección prohibida ata chegar aos colectores de lixo, que ten tela o asunto.

EDITADO: HOXE DIA 13/11/2008 O COLECTOR DE CARTÓN E PAPEL DO QUE FALABAMOS HAI DIAS FOI VALEIRADO POR FIN, AGARDEMOS QUE A PARTIRES DE AGORA REALICEN ISTO CON MÁIS ASIDUIDADE.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

11 Comments »

  1. Luis dixo,

    2008-11-12 @ 7.57 pm

    Según mi información la recogida selectiva de basura se realiza un único día a la semana, los lunes, pero por la información que tengo a los empleados de cespa que hacían antes este servicio, por el cual cobraban aparte, los retiraron de este servicio como represalia por la huelga del verano, pasando a hacer ese servicio gente afín al jefe, y por lo que parece el servicio ahora se hace peor, esto es lo que pasa cuando una empresa quiere ganar dinero a costa de hacer trabajar a la gente con sueldos miserables o sin pagar las horas extra como deben. El concello debería tomar cartas en el asunto si no quiere tener otra huelga de basuras en unas semanas.

  2. Rafa dixo,

    2008-11-12 @ 10.03 pm

    pués por lo visto en Pontevedra ya están otra vez a vueltas con el tema, cuando las barbas de tu vecino veas cortar…, por cierto, hoy miércoles todavia está el cartón sin recoger, triste imagen la que dan todos esas bolsas de papel y cartón amontonadas.

    Oferreiro, felicidades por el blog, yo también vivo por esta zona y me interesa toda la información que pueda leer sobre ella.

  3. o ferreiro dixo,

    2008-11-13 @ 8.41 pm

    Xa está editado o post, o colector de cartón e papel foi por fin valeirado no dia de hoxe, 13 de novembro, dous dias despois de facer este chamamento e despois de ao redor de dez dias cheo completamente, agardemos que isto non volte a acontecer, xa dabondo custa que os veciños se conciencen en separar e reciclar como para poñerlles trabas agora coa recollida, ao final o que pode conseguir o concello e que a xente pase de todo e guinde todo o lixo nun so colector..

    Un saúdo

  4. ELENITA dixo,

    2008-11-25 @ 1.03 am

    Eu non sei si o Sr. Agís e un bo concelleiro ou non, a verdade e que é moi guapo e os xardins entan moi bonitos.

  5. o ferreiro dixo,

    2008-11-26 @ 10.27 am

    Ola de novo

    Os xardins de Ferreirós efectivamente están moi ben coidados, non todos, porque polo que semella prestan máis atención ao que máis se ve, ou sexa o xardín central da urbanización, pero desatenden un pouco os que temos nas zonas limítrofes, como o talúde que hai na rúa viñas, na parte traseira da urbanización, que tamén é competencia do concello e que desbrozan cando lles chaman os veciños e non por vontade propia deles.

    Polo demais e no tocante ao tema da recollida selectiva, pois o lixo recóllese, pero no tema do vidro, cartón e papel a cousa funciona bastante pior, sen ir máis lonxe escribin este post porque os colectores estiveron cheos semanas e iso non pode ser asi, deberian pasarse máis a miúdo por aqui.

    Un saúdo e novamente graciñas polo teu comentario Elena.

  6. peck dixo,

    2008-11-27 @ 10.47 pm

    Hombre, elena, si te gusta el puma como hombre ideal, entonces sí, dentro de ese cannon gregorio sería guapo

  7. sandra dixo,

    2008-11-27 @ 10.55 pm

    Es que la verdad los jardines estan moy bien cuidados y las rotondas da gusto verlas, pero eso hace tiempo q es así debe sser un empeño personal del alcalde. Y eso que seiica por ahi algun grupo opositor mas populista q popular propuso q para reducir gastos se pusieran flores de plastico juasjuas. Menos mal que aun hay un poco de cordura en el concello.

  8. sandra dixo,

    2008-11-27 @ 10.57 pm

    Non sei se sera guapo ou non, para gustos que eu non me meto, pero perdeu 2 bandeiras azuis!!!!!!!!!!

  9. o ferreiro dixo,

    2008-11-28 @ 9.04 pm

    Non hai dúbida que as rotondas, xardins e demais zonas verdes están moi ben coidados, alomenos eu podo falar da miña zona, de Ferreirós e arredores, A Barca, a rotonda do sanatorio e Lourido que é o que coñezo e vexo tódolos dias, non sei como será a cousa en Combarro e outras partes do concello de Poio. Asi tamén teño que dicir que na parte traseira da nosa urbanización hai un talúde que é “terra de ninguén”, parte del o desbroza o concello cando lle chaman, incluida a beirarrúa correspondente, pero a outra parte non sei se andarán en litixios con Urbis ou non se aclaran, pero ninguén se fai cargo dela e é un desastre como está, e có tempo comezará a encherse de lixo, senón xa veredes.

    Por certo, moitas gracias polas vosas visitas e os vosos comentarios no blogue, supoño que seredes veciños desta zona, pois xa sabedes, se tedes algo que comentar, agradecer ou denunciar podédelo facer no meu enderezo electrónico poio.net@hotmail.com , se o acompañades dunha foto para publicar mellor.

    Por certo, repito unha vez máis, este é un proxecto persoal dun veciño da urbanización, non teño nada que ver coa política.

    Saúdos :)

  10. pepe dixo,

    2008-11-29 @ 5.02 pm

    Hola Sandra, de homes non entendo. Con respeto as bandeiras non e certo que se perderan duas bandeiras azuis, se pedeu unha, pola cadidade das aguas da ria. E se gañou unha bandeira verde, pola cadidade dos espazos verdes do concello.

  11. o ferreiro dixo,

    2008-11-29 @ 9.48 pm

    Por certo, non sei se vos destes conta, pero hoxe mesmo os colectores de cartón e papel estaban cheos ata os topes, de novo a recollida volta a dar problemas, polo que semella non chega con que o camión pase unha vez á semana, os veciños desta zona estamos moi concienciados e echemo-lo colector de cartón e de papel enseguida, tamén os amarelos de bricks, que eu deles estaba a rebosar.

    SRES. DO CONCELLO, ESPABILEN DUNHA VEZ NO TEMA DA RECOLLIDA SELECTIVA E DO LIXO.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.