Máis policia local en Poio
Por fin o concello de Poio faise eco dunha demanda que os veciños viñamos reclamando dende hai xa bastante tempo, hoxe mesmo saiu nos xornais que o Concello de Poio publicou no Diario Oficial de Galicia, a orde da xunta de governo pola cal se convocan tres novas prazas para o corpo da policia local, será mediante o sistema de oposición, outra cousa é que esas tres primeiras prazas vaian a ser moi probablemente adxudicadas aos tres policias interinos que hai na actualidade no corpo, por aquilo dos méritos de ter certa antigüidade no concello supoño, polo que conta Luciano Sobral a pretensión municipal é a de contar cun corpo de once axentes para o vindeiro verán, ¡¡ fenomenal, chegarán a tempo para os atascos da Barca !!
Sen tempo non era, o espectacular medre urbanístico e povoacional do noso concello -tede en conta que no último padrón contamos con 18.000 habitantes- non estaba realmente acompañado dunha plantilla de policia local en condicións, nin en efectivos nin en materiais, ademais somos dos poucos (moi poucos) concellos do noso nivel que non teñen un servizo de policia nocturna, e coa que está caendo con asaltos a casas e demais. Agardo que nun futuro máis ben próximo, a local de Poio se deixe caer máis a miúdo pola nosa zona, non estaría mal un garbeo de cando en vez polos arredores da urbanización, principalmente os venres e sábados pola noite diante do colexio de Viñas, porque hai moita rapazada facendo o indio cós coches e coa música a todo meter, e logo veñen as lamentacións..
