O parque infantil en obras

Supoño que moito de vós, que sodes veciños desta urbanización ou que visitades a cotío o parque infantil que se ubica no centro da mesma, daríasvos conta de que a pasada semana comezaron por fin as anunciadas obras de mellora e ampliación do mesmo, a dia de hoxe atópase valado e xa comezaron as labouras de ampliación pola parte máis perto da beirarrúa de Antelo e Mariño, no resto do parque están restructurando completamente a distribución dos xogos e mellorando o deseño do mesmo.

Estaredes conmigo en que a foto que fixen o pasado sábado non é de demasiada calidade, tedes razón, foi sacada cun teléfono móbil e ademais dende bastante distancia, era máis que nada para coller unha instantánea do parque en toda a súa extensión, de tódalas maneiras coido que poderedes apreciar os traballos que a empresa HTC está a levar a cabo e como vai tomando forma pouco a pouco, supoño que nuns dias estará todo rematado e e os cativos de toda esta zona de Poio poderán desfrutar e pasalo en grande.

Dende aqui, parabéns ao Concello de Poio pola acertada decisión de amplia-lo parque, por certo, teño as miñas dúbidas se a empresa contratada é HTC ou HPC, nuns sitios ollei unha cousa e noutros outra diferente, e na web da empresa pon HPC.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 Comments »

  1. Luis dixo,

    2008-12-03 @ 10.08 pm

    El concello debería hacer también en dicho parque una pista polideportiva para que los no tan niños pudieran jugar al futbito o al baloncesto ya que en dicha zona hay mucha juventud pero no tienen donde jugar, por cierto a ver si canalizan las pluviales ya que cuando llueve las aceras del parque se convierten en verdaderos ríos, ya que a nadie se le ocurrió el canalizar dichas aguas cuando se hizo dicho parque.

  2. O ferreiro dixo,

    2008-12-04 @ 10.23 pm

    Ola Luis

    Coido que o parque non é o lugar máis axeitado para facer unha pista polideportiva, ademais, coa ampliación do parque de xogos hai menos sitio todavia, porque tamén hai moita xente paseando os cans e nais cós seus fillos…etc, quedaria todo demasiado amontonado nun sitio que de por si xa non é unha barbaridade de grande. Tes razón no que comentas que hai moita mocidade nesta zona onde vivimos, e cada dia máis, o que tiña que facer o Concello de Poio era un polideportivo cuberto e ben xestionado para que tódolos veciños da nosa zona, é dicir, Ferreirós, A Barca e Andurique ata a rotonda da finca de Besada, poidéramos participar de actividades e practicar deportes varios a resgardo da choiva e das inclemencias do tempo, esa pista polideportiva que ti comentas para o actual parque seria practicamente imposible desfrutala no inverno, o dito, non estaria de máis que nos terreos de BEGANO ou arredores o concello de Poio dotara á nosa zona de equipamentos deportivos en condicións.

    Un saúdo

  3. Zeltia dixo,

    2008-12-05 @ 12.38 pm

    Ola!

    Coincido con Ferreiro en que o parque non é o sitio máis acaído para facer unha pista polideportiva, máis ben paréceme todo o contrario. Si que é certo que a mocidade desta Poio precisa de zonas onde poder facer deporte, pero non nun parque de dimensións reducidas. En calqueira caso, parabenizar tamén esta actuación municipal e animar a que sigan a traballar para mellorar a calidade de vida da vencindade desta zona, que tamén pagamos impostos e ás veces semella que estamos esquecidos.

    Saúdos
    Zeltia

  4. o ferreiro dixo,

    2008-12-06 @ 6.17 pm

    Ola Zeltia

    Pois efectivamente, coido que estaba no certo cando dixen que o parque xa de por si vai ficar algo pequeno de máis con esta ampliación da zona de xogos como para meterlle inda máis cousas como unha pista de fubito ou de baloncesto como di Luis, coido que o mellor seria que o parque fique como esta, como unha zona tranquila para xogar cós cativos e de esparcemento para a xente que quere pasea-lo can (sempre sendo respectuosos, que para iso hai carteis colocados) ou quere unicamente sentarse nun dos bancos a leer un libro ou botar unha parrafada cun amigo, para o tema de deportes mellor seria que o noso concello fixera un pequeno pavillón ou mesmo unha pistas ao aire libre (case mellor cubertas claramente) para que a mocidade poidera facer deporte nesta zona de Poio, claramente con moita povoación xove na que tamén me inclúo.

    Un saúdo aos dous :)

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.