R aumentará as velocidades en Poio
Os usuarios da operadora galega de servizos dixitais R en Poio estamos de noraboa, ou alomenos iso é o que puiden deducir despois de botarlle unha ollada á web www.purafibra.com, onde a compañia informa do aumento de velocidades de subida (upstream) para a nosa zona de Poio, para os que teñades coma min o acceso doméstico de un mega, en cousa duns dias aumentarán esa velocidade a 3 megas, algo que non está nada mal, o que xa non remato de entender é que na web figura que ese aumento progresivo das velocidades será para a zona de A Barca, pero supoño que tamén será efectivo para o resto de vivendas dos arredores, refírome a Ferreirós e Andurique, onde tamén hai usuarios que teñen acceso a internet pola rede de fibra óptica.

Queríavos máis que nada informar, por se a algún de vós inda non vos chegou á casa a cartiña onde vos indican o aumento de velocidades para o vindeiro dia 9 de nadal, asi como os novos combos con chamadas de balde a móbiles e bla,bla,bla.. por certo, non vaiades a pensar que este post está patrocinado por R, nin moito menos, a miña intención somentes é a de informar a tódolos que vivides por aqui e que nuns dias me digades se notáchedes efectivamente o incremento de velocidade ao navegar, e claro, para que iso sexa efectivo teredes que reinicia-lo módem.
