O reparto das subvencións culturais en Poio

Hai uns cantos dias que a nova saltaba aos xornais, aqui tedes un exemplo na Voz de Galicia, o Partido Popular de Javier Dominguez apuntaba directamente á concelleria de cultura e festexos do Concello de Poio como a causante de que o reparto das subvencións aos grupos e colectivos culturais do noso concello non sexan todo o transparente que deberia de ser, dias despois, unha información achegada ao mail deste blogue explicaba un pouco mellor o porqué das sospeitas do Partido Popular local.

Unha foto da Asociación Cultural Vides Novas de Poio

Polo que semella, a Escola de Música Tradicional de Poio, de recente creación, leva recibidas xa nos seus escasos tres anos de vida varias subvencións elevadas, estamos a falar de varios millóns das antigas pesetas, o cal particularmente non me parece nada malo, hai que apoia-la música e cultura tradicional, pero a concelleria de cultura ben sabe que en Poio hai outros grupos máis antigos e que na actualidade están traballando case en precario, non hai que ser demasiado espabilado e cando menos si moi obxectivo, para saber que me estou a referir a Vides Novas. Calqueira pode ollar-las condicións nas que esta xente, que semana tras semana e ano tras anos levan traballando por espalla-la nosa cultura pola nosa bisbarra e por todo o territorio galego desenvolven o seu traballo, nunha antiga escola, sen ningún tipo de insonorización, sen calefacción, sen as mínimas condicións para imparti-las clases, e que curran o inconfesable para poderse pagar unhas palletas ou uns pallóns, posto que apenas ninguén lles bota unha man, efectivamente reciben unha subvención do Concello de Poio, pero algo que semella practicamente simbólico se o comparamos coas millonarias achegas que Xose Lois Martinez Blanco, a la postre concelleiro de Cultura e Festexos e tamén presidente da Escola de Música Tradicional (coincidencias desta vida) lles outorga ano tras ano á dita Escola, e que suman xa ao redor dos 40.000 euros, entrementres os de Vides Novas a currar coma condenados para poderse pagar un disco compacto que é a súa ilusión e que lles suporia darse a coñecer, xa non digo a toda Galiza, senón alomenos aos seus veciños e ao mundo da gaita de Poio e bisbarra.

Dende aqui agardamos que a Concelleria de Cultura e Festexos de Poio aplique outra vara de medir no tema das subvencións a grupos folclóricos e asociacións culturais do concello, non pode ser que uns reciban 12.000 € anuais con menos de tres anos de vida, e outros 900 € tendo unha traxectoria de máis de dez anos ás súas costas, e que conste que nin son alumno deles nin teño relacións algunha, que máis quixera eu que saber coller unha gaita ou un tambor na man.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

5 Comments »

  1. mundo dixo,

    2008-12-08 @ 9.36 pm

    Hola Ferreiro son mundo so quero facerche un comentario no teu blog, e agradezoche o teu apoio cara anosa agrupacion ,non sei si leche o comentario que fixo o noso concelleiro de festas no diario a dia 6/12 case nada ten o valor de decir que nos temos unha subvencion CASE igual a da escola de musica ,decir so que xa temos o escrito preparado para pedir unha aclaracion deste comentario cara a nos ,tamen di que facemos moitas actuacions, e que xa gañamos bastante, ninque foramos a dar un paseo, e nos deran os cartos por aparecer no sitio e saudar ,tamen anda decindo que a Banda de Gaitas de Poio foi unha idea del ,quen lle dera , a idea de quen foi de Xose Martinez pero non e el ainda que se chamen igual, Xose o que todos conocemos como Xose o da Coperativa, e tamen de outra persoa da cal non quero falar porque xa votou alguhas maguar, polo desplante que lle fixo este home, e tamen teño o orgullo de decir que Vides Novas en compañia de outra agrupacion presentou a Banda de Gaitas de Poio, da cal teño fotografias que algun dia porei no blog noso , esto ten unha longa Historia, foron sete anos da miña vida por unha ilusion truncada ,pero primeiro e o traballo .
    sigue adiante coa tua laboura e que as espiñas da Rosa non te pinchen que a Rosa sin espiñas non e Rosa ,como a vida mesma.
    un saudo

  2. Rafa dixo,

    2008-12-10 @ 12.35 pm

    Si eso que decís es cierto y por lo que pude leer en la prensa asi lo parece, el responsable del área de Cultura e Festexos del Concello de Poio deberia aclarar y bién lo sucedido, me parece un cachondeo que a una banda de nueva creación, por mucho que esté bajo los auspicios del ayuntamiento, se les ayude con tantos miles de euros y a una agrupación cultural tan modesta y que (por lo que pude observar en su blog) tanto trabaja por la juventud y el folclore gallego en nuestra zona, se les dan las migajas, porque hablar de 12.000 euros frente a 1.000 euros/año es una auténtica barbaridad.

    Desde aqui y como vecino de Poio, todo mi apoyo para Vides Novas y mi reprobación para el concejal de turno.

  3. o ferreiro dixo,

    2008-12-10 @ 3.34 pm

    Ola Mundo

    Graciñas por te pasares por aqui a da-la túa opinión deste tema.

    Cando menos é chocante o feito de que a unha escola ou banda de gaitas de nova creación e segundo apuntas ti, auspiciada baixo o paraugas do Concello de Poio, se lles faga entrega ou doazón de tal cantidade de cartos en tan pouco tempo, en troques vós, ou ti, como máximo responsábel dunha agrupación cultural de caracter local e tan modesta como a vosa somentes recibades unha aportación simbólica e ademais xustificando tal axuda con que xa facedes demasiadas actuacións e tedes unha financiació propia moi importante, home, en non discuto que traballedes actuando en feiras, vodas e demais festexos, pero coido que non como para gañar unha 12.000 ou 15.000 euros anuais, polo que puiden ollar as vosas instalacións son precarias de todo e non denotan eses ingresos tan importantes dos que fala o concelleiro de festexos de Poio.

    Dende aqui tamén abogo porque os responsables do concello aclaren todo este lio e tamén porque os boten unha man, primeiramente nas instalacións, que tedes moitos veciños e ao non estar insonorizadas pois é algo molesto escoitar música un venres ás dez e pico da noite, e logo economicamente, porque con toda a rapazada que tedes ben vos fará falla unha axuda.

    Un saúdo para tódolos gaiteiros e demais integrantes de Vides Novas

  4. vesiño dixo,

    2008-12-10 @ 6.22 pm

    eses 40.000 son xo a punta da montaña..estan utilizando esta asociacion pa celebrar e subvencionar actos do BNG..componentes da directiva son exconcelleiros do BNG,AFILIADOS DO BNG… solicitamos mais transparencia,eu formo parte dun coro de POIO donde nos temos que correr cos gastos de todo director desplazamentos…e temos moitos mais anos de vida que esta escola..alguns teñen estrela e outros andamos estrelados(estrela roxa)

  5. breogain dixo,

    2008-12-10 @ 8.35 pm

    Ola

    Sei que Mundo é unha persoa honrada e non dubido das súas afirmacións, se todo o que contan, non so el, senón tamén nos xornais é certo, o Concello de Poio deberia dar contas de todo isto, como ben apunta “vesiño”, máis transparencia na adxudicación destas axudas, non podemos rajar do Partido Popular falando de que noutrora adxudicaban as axudas e subvencións a dedo, e agora os governos de esquerdas e que a si mesmo se consideran progresistas fan o mesmo que eles, non pode ser que unha escola de recente creación sexa a beneficiaria de semellantes axudas namentres outras asociacións culturais do concello con moita máis historia son deixadas de lado ou pretendan telas contentas coas migallas do presuposto da concelleria de Cultura e festexos…

    Concellal de Cultura e festexos explicacións xa !!!!!

    Por certo Mundo, tes todo o meu apoio

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Déixame o teu comentario


"O casal de Ferreirós" é o proxecto persoal dun veciño de Poio, conseguido grazas á inestimable axuda de WordPress e de Blogaliza, algunhas das imaxes aqui mostradas non son da miña propiedade, polo tanto se alguén ten algo que obxectar ao respecto, por favor que o comunique ao enderezo poio.net@hotmail.com e serán retiradas tan cedo como sexa posible, asimesmo se alguén quere reproducir en parte ou totalmente textos ou fotografias propiedade do administrador deste blogue.