O concello de Poio estrea nova web
Hoxe entereime dunha magnífica nova, por fin o Concello de Poio estase a adentrar no fabuloso mundo das novas tecnoloxias e da información, o pasado luns era presentada www.concellodepoio.es, un antigo dominio para unha nova web, remodelada e infinitamente mellorada polo que puiden observar nunha primeira toma de contacto que tiven hoxe mesmo.
Pois nada, agardo que a nova web sexa actualizada con relativa frecuencia, sobre todo a axenda de actos que se desenvolven no noso municipio e do que, en moitas ocasións, ninguén se chega a enterar, agora o que si boto de menos é un banner ou ligazón ao Casal de Ferreirós, onde poden consulta-la axenda de actividades que alí se desenvolven, como charlas, exposicións e demais.
¿Xa lle botáchedes unha ollada á nova web? ¿Que vos pareceu en canto a info, navegabilidade e deseño?


jjkjlk dixo,
2008-12-27 @ 6.40 pm
eta paxina costa 300.000€..algun segue a encher o peto.esto e un insulto a intelixencia dos veciños de POIO esta paxina costa 300€ mais outro tanto polo dominio…eu non son un apasionado da politica si teño que votar voto BNG pero que permitan este tipo de feitorias non e normal.
breogain dixo,
2008-12-28 @ 11.33 pm
non sei de onde sacarás iso dos 300.000 euros, pero si é verdade paréceme un despilfarro de cartos impresionante, efectivamente a implantación dunha web e o seu mantemento, aparte do pagamento do seu dominio, non poden valer tanta pasta ao ano nin de coña.
o ferreiro dixo,
2008-12-28 @ 11.38 pm
efectivamente o primeiro comentario tiña razón, aqui podedes ollar a nova na voz de galicia, nela falan dun montante total de ao redor de 270.000 eurazos pola páxina, unha barbaridade de cartos que na súa maior parte son achegados pola Xunta, pero que non deixan de ser unha barbaridade para unha web municipal por moi interactiva que sexa….
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/12/16/0003_7398913.htm
Un saúdo aos dous
vesiño dixo,
2008-12-29 @ 5.16 pm
que concelleria e a responsabel deste proxecto?como sexa a que eu penxo xa esta armada….nadie do BNG penxa pararlle os pes a este tipo,todos os proxectos que dependen del sempre redondean os 300.000€.
medio informado dixo,
2009-02-03 @ 10.25 am
O montante non corresponde só a páxina web, nin moito menos. Sei de boa man que só é unha pequena parte do proxecto Poio Dixital, que inclúe un servidor xeral, a instalación de puntos de información dixital, a renovación da rede do concello, etc…
Por certo, o dos 300€ mais dominio que comentou antes, decirlle que está moi trabucado, e máis se falamos dunha páxina dinámica. Outra cousa é que un chaval que non paga autónomos, cons programas pirata e moito morro che faga un apaño por eses cartos.
Sen acritude, un saúdo
o ferreiro dixo,
2009-02-03 @ 9.19 pm
Ola “medio informado”
Primeiramente graciñas pola túa achega de información sobre este interesante tema, eu vai xa para catro anos que levo vivindo neste concello e a verdade, a implantación de internet é practicamente nula, a rede de R coido que non abarca todo o municipio (e refírome ao urbán, non ao rural) case que non hai presenza de empresas de Poio en internet, agás Froiz ou Gráficas Anduriña e asi máis exemplos que se poderian dar, hoxendia é algo básico para o desenrolo dun municipio o acceso ás novas tecnoloxias, asi que recibo con agrado esa información que nos achegas de que o proxecto Poio Dixital servirá para mellorar todo isto, agardo tamén que inclúa cursos de internet para os veciños no Casal de Ferreirós (por pedir que non quede) e asesoramento para as empresas que queiran da-lo salto á rede.
No outro tema que comentas, no dos 300 euros por mantemento dunha web, pois claro, eses prezos somentes poden ser ofertados por rapaces estudantes de informática, programadores ou deseñadores de web’s que no seu tempo libre poden adicarse a iso, sen ter unha empresa nin nada polo estilo.
Un saúdo e graciñas pola túa visita.
Un buscador dixo,
2009-02-09 @ 9.58 am
Temos unha pequena empresa e andamos a busca do desenvolvemento de unha páxina web, miramos algunhas e gustounos moito a do Concello de Poio, pero claro 300.000 € non podemos gastalos nin de lonxe, pero vendo neste blog que hai alguen que sabe que a fai igual, digo igual, por un custo 1000 veces menor, que se poña inmediatamente en contacto con nos porque así da gusto, ter xente emprendedora que non ten mala fé e co so busca atopar o mellor para os veciños. Por certo, esta persoa sabe si este Portal, que non páxina web, ten por detrás algún desenvolvemento de base de datos, administración de contidos, automatización de arquivos xerais…., porque eso e o que queremos nos ya que traballamos moito con productos.
Xente como o informante de prezos tan cativos da gusto de telos como asesosres, agardamos que se poña en contacto con nos. Xente como esta boa persoa daría gusto de traballar con ela. O millor ata se dedica a facer estos Portelos tan económicos. E un insulto para a intelixencia de moitas empresas non ter a un DIRECTOR FINANCIEIRO
breogain dixo,
2009-02-12 @ 10.55 pm
Ola “Un buscador”
Coido que a empresa que desenrola o proxecto de Poio Dixital para o Concello de Poio é ésta:
http://www.tecnologiasplexus.com
Xa sei que como ben apuntaron aqui os seus prezos serán caros, pero non perdes nada con botarlle unha ollada, de tódalas maneiras en Poio hai unha empresa adicada á confección de web’s e imaxe de empresa que supoño serán moitísimo máis baratos, están perto do restaurante Casa Ces, aqui tes a súa web có seu teléfono;
http://www.zapasoft.com/
Agardo ter sido de axuda, inda que sexa minimamente, un saúdo
o ferreiro dixo,
2009-02-13 @ 2.59 pm
Pois eu pouco máis podo dicirche, teño un amigo que ten unha empresa de informática e tamén se adica ao desenvolvemento de páxinas web’s, bótalle unha ollada e contacta con eles
http://www.todosistemas.com/
un saúdo e a ver se alguén máis pode axudarche