Benvida do administrador
Ola navegante !!
Supoño que chegarias a este sitio de casualidade, ou ben facendo unha pescuda do tag Poio no Google ou por algunha ligazón noutro blogue. Este primeiro post é de presentación, unha benvida ou se cadra unha declaración de intencións, non pretendo que este sitio sexa un portal de información de Poio, para iso xa tede-lo diario de Pontevedra -porque tampouco hai moita máis información online sobre Poio- senón máis ben un lugar onde falar, comentar ou denuncia-las cousas que acontecen no lugar onde resido. Cecais preguntarédesvos o porqué do nome, pois ben, non é nin máis nin menos porque O Casal de Ferreirós é un elemento destacado da arquitectura e a vida social do noso concello e porque está ás portas dunha urbanización de recente creación chamada “Pazo de Ferreirós”, o lugar onde resido e no que, grazas a tecnoloxía galega de R podo conectarme a internet, cousa ésta que por outra parte inda está vetada para unha grande parte dos veciños do noso concello, pois semella que ésta tecnoloxía so é cousa duns poucos afortunados polo de agora.
Dito isto, non me resta máis que dárvola benvida a este pequeno recuncho da rede, no que de cando en vez postearemos algunha cousa de Poio pero atendendo preferentemente ao problemas do Pazo de Ferreirós e arredores, logo xa me diredes coas vosas visitas e comentarios se vos interesa ou non. Coido que non fai falla lembrarvos que as vosas aportacións serán ben recibidas, iso si, sempre que sexan respectuosos, como administrador non me fago responsable dos comentarios que aquí fagan os visitantes do blogue.
O meu nick é O ferreiro e se precisades poñervos en contacto comigo, podédelo facer ou ben deixando un comentario en calqueira post ou ben enviando un mail ao endrezo
Un saúdo e benvidos a O casal de Ferreirós, o voceiro da Urbanización do Pazo de Ferreirós.

